Conversa usuario:Candalín
Benvido(a) á Galipedia, Candalín!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:39, 3 de xullo de 2010 (UTC)
Galego de Asturias
[editar a fonte]Revertín a túa edición. Vai amodo, fornece referencias, consensúa os cambios polémicos, di de onde tiras a información e escribe en galego sen grallas na medida do posíbel. Algunhas das cousas que engadías tiñan boa pinta pero co tocho que meteches era máis difícil peneiralo que refacelo desta maneira que che comento. Se tes calquera dúbida, pregunta sen medo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:39, 3 de xullo de 2010 (UTC)
Ola, Candalín. Lembra que esta é unha enciclopedia en galego, incluso nas súas páxinas de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:22, 28 de xullo de 2010 (UTC) Concordo con vostede, non é galego, e procedo en consecuencia. Un saúdo tamén.--Candalín 00:27, 29 de xullo de 2010 (UTC)
- Non retires un marcador sen que o problema estea solucionado. E ten en conta que un non debe retirar un marcador que indica un problema que un mesmo creou; xa se encargará outro usuario. --Atobar (conversa comigo) 00:02, 30 de xullo de 2010 (UTC)
Terra Eo-Navia
[editar a fonte]Ola, Candalín. Supoño que non serás consciente de que no artigo Terra Eo-Navia estás empregando un galego cheo de incorreccións. Deberías saber que isto vai obrigar a outros usuarios a andar detrás de ti para amañar todo aquilo que ti non fagas ben. En Wikipedia:Recursos útiles e Wikipedia:Recursos de dominio público tes ferramentas que che poden axudar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:15, 29 de setembro de 2010 (UTC)
- A palabra censatario está recollida no VOLGa, e o dicionario de Ir Indo dálle o seguinte significado: "1. Que paga un canon ou pensión, ou fai unha prestación censual en cartos ou froitos. 2. Relativo ou pertencente ao censo electoral ou á taxa de imposición necesaria para ser elector ou elixible". A palabra censitario non a recolle o VOLGa, o cal equivale a que oficialmente non existe. É o que pasa cando se traballa con fontes noutra lingua, que traducir non é tan doado como en principio pode parecer. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:48, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Parece mentira, Candalín: isto é unha enciclopedia en galego. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:35, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Perdoa a miña anterior resposta, non vira a primeira metade da túa mensaxe. Deixei un comentario en Conversa:Sufraxio censitario, imos tratar de resolver esta cuestión aló. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:44, 1 de outubro de 2010 (UTC)
Ola, Candalín. Deixei un comentario en Conversa:Terra Eo-Navia que se cadra che pode interesar. Un saúdo.