Conversa:Terra Eo-Navia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Neste artigo hai que ter coidado que non se metan as ligazóns a outras wikis da Comarca do Eo-Navia que é outra cousa.--Arco de Rayne 16:35, 24 marzo 2008 (UTC) Pois nas wikis asturianas e española dise que Asturias está dividida en 8 comarcas segundo o Estatuto de Autonomía de Asturias pero que aínda non foron implantadas: es:comarcas de Asturias ou ast:comarques d'Asturies. Pero mirei no estatuto [1] e só di que Asturias está organizada territorialmente en comarcas, pero non delimita nin di cantas son. Buscando en internet tampouco atopo unha Comarca Eo-Navia con carácter oficial, e despois de moito buscar en realidade non existen esas comarcas todo procede do decreto 11/91 do 24 de xaneiro no que en realidade non se crean comarcas, son áreas de planificación territorial para efectos estatísticos do principado [2]--Arco de Rayne 16:59, 24 marzo 2008 (UTC)


Respecto a esa duda que le surge, últimamente se abogó por una nueva división dentro del país asturianu, donde se puede encontrar el parque histórico del Navia (concejos limitrofes con el rio navia y tapia y el franco) y la comarca oscos-eo. en lo referente al dominio linguistico, creo que no se debería crear un conflicto internacional entre asturies y galicia, por razones obvias tanto históricas, culturales, politicas,etc. si la mayoria de la gente del occidente no se siente ni gallego ni gallego parlante por que se le ha de obligar a hacer algo que no le es prestoso¿?. Usuariu:Nicadapa 6 d Mayu de 2009

  • Nicadapa: segundo eu o entendo, a discusión sobre este artigo fica pechada. Hai máis dun ano da última achega feita por Arco de Rayne e creo que quedou claro abondo. En calquera caso, graciñas pola túa opinión, malia que por outra banda as páxinas de conversa non son un foro, como sabes. Se cadra é que non comprendín moi ben o que queres dicir; por iso te animo a que caso de teres algunha consideración, queixa ou achega, a expoñas coa maior concreción posíbel para que se poida solucionar. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 00:05, 6 maio 2009 (UTC)
  • Este parágrafo "En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte da Galicia" debería desaparecer ou ben dar referencias claras: que nacionalismo galego reivindica esa comarca cultural como parte de Galicia?, se eses sectores non son significativos dentro do nacionalismo non ten moito sentido mantelo.--RNC 14:03, 6 maio 2009 (UTC)
  • Atobar tal como está agora parece que Carlos Varela é un nacionalista galego que reivindica que a Terra Eo-Navia é parte de Galicia, o que non se desprende da entrevista que dás como referencia.--RNC 14:08, 6 maio 2009 (UTC)
  • Vou seguir arranxando. Dame un tempiño, RNC. --Atobar (conversa comigo) 14:16, 6 maio 2009 (UTC)
  • Concedido :) --RNC 14:22, 6 maio 2009 (UTC)
Feito! Feito!--Atobar (conversa comigo) 14:33, 6 maio 2009 (UTC)
  • Metin a bandeira eunaviega na ficha --[[Xeol'oartabro
Retirei a bandeira, que non ten ningún tipo de referencia. Xeol, se tes referencias que proben a existencia da bandeira e o uso como bandeira dese territorio, achégaas. Dado o habitual vandalismo neste artigo, vou optar por retirala e pedir referencias, antes ca mantela. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 06:56, 29 setembro 2009 (UTC)
Certo Xabier, sempre se me esquece o choio das referencias... gracias por recordarmo, hoxe mesmo poño a referencia e volto a colgala; ¿habería algún problema?. --[[User:Xeol'oartabro] 16:30, 29 setembro 2009
  • Sempre que a referencia ou referencias sexan consistentes e a imaxe non teña dereitos de autor, pero lembra que non serve como referencia unha web comercial por exemplo.--RNC 14:09, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Engadin a ligazón da web de Abertal [[Xeol'oartabro]
Eu non entendo moito do tema, pero o texto actual paréceme que a súa finalidade é procurar diferenzas entre Galicia e ese territorio asturiano mais de lingua galega.--Cheluco 21:58, 4 de outubro de 2010 (UTC)

Intentarei explicar as novidades do texto. O artigo pretende resumir as características que definen a identidade da comarca. No referentes aos aspectos históricos, estes poden resumirse en dous feitos, a vinculación da comarca aos bispos de Oviedo e a posterior desvinculación daqueles, mediante o pago dunha cuantiosa redención. Estes dous feitos, son esenciais pra entender a socioloxía da comarca, e explican a presenza de institucións supra-municipais comúns, aínda despois de que ten lugar a segregación do concello en dezaseis, (cousa que non creo que dese noutras comarcas). Tamén explican como os concellos participan dunha mesma organización municipal calcada do vello concello de Castropol.

Polo demais, creo o que evita o artigo e precisamente son xuízos de valor como o que se apunta por vostede, dando referencias a feitos e citas bastantes a documentos, que vostede pode consultar e sacar as súas propias conclusións. Os feitos son o no son, máis se son nunca sobran. Se, Eu digo que o concello de El Franco redimiuse polo pago de 2 millóns de maravedís aos homes do rei, pois vostede poderá dicir “ta tolo da cabeza, exaxeras”, onde saca iso, mais se presento a carta de pago, non entendo que problema pode haber. Se vostede o outras persoas coñecen outros feitos relevantes pois non ten máis que aportalo para iso e Wikipedia unha enciclopedia libre, máis evite xuízos de valor se como diz “tampouco é que entenda moito do tema” e permita que cada un chegue ás súas propias conclusións.--Candalín 23:48, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Está claro que Candalín ten unha intención moi concreta, que xa sinalou máis arriba Cheluco. Non é a Galipedia a única wikipedia na que está operando Candalín: tamén na es.wp e na as.wp os artigos correspondentes chegaron xa a un punto de hipertrofia e tendenciosidade que non se sostén, e sempre da man de Candalín. Antes de que este usuario metese a man aquí, o artigo quedara bastante aqueladiño, aínda que breve, pero referenciado e veraz, como se pode ver na edición do 24 de xuño, a partir da cal se fai evidente como o traballo duro non ten por que levar a un bo resultado. Eu propoño devolver o artigo a ese estado, non sei se por votación ou por decreto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:50, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Sobro a reversión xeral do artigo[editar a fonte]

Resposta de Candalín:

Síntollo moito, a decisión de borrar o artigo, quen teña interese pode consúltallo como ben se di na versión da wiki castelá do artigo e pódese darlle conta de que é un traballo de resumo da historia do Eo-Navia totalmente inocente que non ten outra aspiración que dar datos e referencias moi concretas sobre persoas e feitos da comarca. Das corenta citas que contén o artigo, case a metade refírense directa ou indirectamente a documentos do A.H.N., documentos que non dan para dúbidas ou interpretacións partidistas. Polo demais a estrutura do artigo é clara: Alta idade media: Honor de Suaron; Baixa idade media: dependencia dos bispos ovetenses; Idade moderna redención da autoridade dos bispos e participación na Xunta Xeral del Principado, ¿onde está a hipertrofía?. Se por tendenciosidade entendese o chauvinismo propio de quen é fillo da terra, pois mea culpa, máis se non é así, estimados Xoacas e Atobar concretade tan só unha referencia, unha cita, un dato que non esté ben documentado o que sexa tendencioso.--Candalín 00:54, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Póboa e Pola[editar a fonte]

En español é Puebla, en galego Póboa, en portugués Póvoa, e en astur-leonés é Pola. Non sei como consta na documentación medieval do occidente, gustaríamse sabelo porque a maioría das palabras coinciden co galego. Se é Pola, paréceme ben deixalo así no texto, mais se fose Póboa, deberíase cambiar.--Xoán Carlos Fraga 22:58, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Entendo Eu que este é un tema polémico non só no Eo-Navia, senón en todos los pobos que manteñen este topónimo de orixe medieval, así A Póboa de Caramiñal, A Póboa de Trives e A Póboa de Brollón, en que fronte ao galego académico afitase tamén con forza o termno tradicional Pobra, así Pobra de Caramiñal, Pobra de Trives ou Pobra de Brollón. véxase a conversa da Póboa do Caramiñal En canto a Eo-Navia o eonaviego ten maior estabilidade a -l- intervocálica, e así desinenza latina -ula é máis estable: así lat. tabula, gal. taboa, Eon. traba, máis polo que teño constatado, (así as oito querelas do mosteiro d'Ozcos fronte a Pobra de Revoredo cara o 1280-1290), emprégase este termino pobra. Eu é afitado o termo na última revisión Póboa (por erro puxera poboa e un caso entreparenteses pola, por referencia ao libro de Ruiz de la Peña). Non atreverame a revisar todas as demáis por que xa vexo que nón hai acordo, máis creo que é craro que debera de correxirse por póboa deriva en feminino do termo pobo, o mesmo que leira-leiro, cirola-cirolo, etc.--Candalín 01:00, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Na documentación que se achega no propio artigo aparece no galego medieval da zona Pobla e Pobra, habería que saber se os textos están ben transcritos. Cheluco 13:52, 18 de outubro de 2010 (UTC)

No Eo-Navia, a documentación que conservamos en galego-portugués medieval é toda dos notarios do mosteiro d'Ozcos, pois os notarios do bispo, case toda no libro da régula Colorada, empregan normalmente o castelán:

AHN Carp. Clero Villanueva d'Ozcos carp. 1641, nº 19, sete querelas: Querela 1: "...da pobra de Revoredo d'Entrambas Aguas..."; Querela 3ª "... e aos alcaldes da Pobra de Revoredo..."; Querela 5ª "...por justicia que fagades al concello da Pobra de Revoredo"; Querela 7ª "...por justicia que fagades ao concello da Pobra de Revoredo", Querela 8ª "...que fagades ao concello da Pobra de Revoredo" e tamén "que veneron los omes da pobla de Revoredo e acernaron os nosos montes" AHN Clero Vilanova de'Ozcos carpt. 1632, nº 17: "Eu Johan Aparicio notario del Rey enna Pobla de Burón foy presente..." (1309) AHN Clero Vilanova de'Ozcos carpt. 1632, nº 20: Testimonio en castelán dun texto en galego-portugués: Pobla de Revoredo. (1310) AHN Clero Vilanova de'Ozcos carpt. 1633, nº 13: Testimonio en castelán dun texto en galego-portugués: Pobla de Castropol. (1313)

Como regra xeral os notarios do Bispo que redactan en castelán empregan indistintamente Puebla e Pobla. Polo demáis 'Pobla' ou 'Pobra', tampouco creo que dé para máis, pois en galego e aínda máis se cabe en galego asturiano, é xeral entre os falantes a confusión entre as líquidas trabadas -r- e -l-. --Candalín 22:18, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Pero o que queda claro é que Pola non é unha forma que se utilice nin se utilizase no galego da zona, non é?--Cheluco 14:14, 19 de outubro de 2010 (UTC)
A Póboa de Revoredo desaparaceu no século XIV, os documentos do arquivo de Castropol na Veiga nunca empregaron a forma póboa senón a forma castellá «villa». Non é este un nome de uso corrente. Con todo temos, o caso de Burón que estivo sempre no coto do mosteiro de Oscos, que emprega, proba, veides o artigo da Proba de Buron na Fonsagrada, que sería a evolución natural da lingua. Véxase, Tabula>traba, Popula>Proba.

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Terra Eo-Navia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 08:33 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Terra Eo-Navia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 20:15 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Terra Eo-Navia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de maio de 2019 ás 06:44 (UTC)