Conversa usuario:Calrosfking/Vellas1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Son --83.61.81.89 17:32, 11 febreiro 2007 (UTC)Calrosfking, licenciado en pedagoxía e bioloxía, e me atopo na miña primeira páxina en branco da Wikipedia. Hoxe é o meu primeiro día, e so quero dicir que tentarei de facer algúnhas contribucións nún campo do meu interés: a zooloxía. Ainda non sei como construir unha páxina pero supoño que todo en custión de poñerse a elo. Escolló tamén este campo porque vexo que a wikipedia galega esta orfa destes contidos, e a min gostaríame crear un soporte para que outras persoas podan enlazar os seus artigos a unha páxina matriz que ordene este campo. Como fonte de inspiración vou tomar o que xa teñen feito outros membros da wikipedia en diferentes países. Un saúdo.

Olá, Calrosfking. O texto que escribiches hai un momento pódelo pór na túa páxina de usuario, que é a que sirve para presentarte. Esta na que estamos é para que os demais colaboradores nos poñamos en contacto contigo.

Para colaborares nos temas de zooloxía, permítome suxerirche que lles botes unha ollada aos artigos que xa hai creados mais que, na nosa impresión, ainda son moi deficitarios. Son os que chamamos "artigos en progreso". Certo que nun wiki todos os artigos son en progreso, mais estes son tan reducidos que lles poñemos ese marcador para chamar a atención sobre eles. Pódelos atopar en Category:Zooloxía en progreso. Todos os artigos de Zooloxía están na categoría Zooloxía. Agardo que che serva de axuda. Ah, e un cordial saúdo. --Xosé (✉) 17:44, 11 febreiro 2007 (UTC) Ola Xosé, non sei onde teño que ir para poñerme en contacto contigo e agradecer o teu saúdo, espero que leas esta mensaxe e me sinales o camiño (vou a túa páxina pero alí non sei onde deixar a mensaxe). Un saúdo

Saúdo de Benvida[editar a fonte]

Para contactar cun colaborador

Para contactar cun colaborador, fai click na
palabra talk, falar ou calquera outra a carón da sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Calrosfking. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:30, 11 febreiro 2007 (UTC)

Podes contar coa miña axuda na medida das miñas posibilidades, se non estou nese momento no wiki seguro que outro compañeiro tamén pode bótarche unha man (estes días ando menos do habitual por aquí). Confio en que pases bos momentos colaborando con este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:10, 11 febreiro 2007 (UTC)

Subpáxinas de usuario[editar a fonte]

Olá, Calrosfking. Vexo que estás a facer probas na túa páxina de usuario. Existe unha alternativa mellor: crear unha subpáxina da túa páxina de usuario, por exemplo User:Calrosfking/Probas ou User:Calrosfking/benzodiazepinas (o que a convirte en subpáxina é a barra /). Así podes ter varias en preparación antes de pasalas a un artigo propio. Resulta máis cómodo porque non estorba o que xa teñas feito na túa páxina de usuario; nesta podes deixar ligazóns a elas para non te teres que lembrar do seu nome. --Xosé (✉) 15:18, 12 marzo 2007 (UTC)

  • Grazas polo consello, a verdade que non pensei nesa posibilidade. Agredezo toda axuda e comentarios que me podas facer no futuro respecto dos meus artigos. Un saúdo.--Calrosfking 17:39, 12 marzo 2007 (UTC)

Respostas a outros usuarios[editar a fonte]

  • Olá outra vez. O lugar para respostarlles a outros usuarios é a súa páxina de discusión (clicando na palabra que aparece detrás do seu nome, no meu caso un debuxo dun sobre). Desta maneira, cando entren na Galipedia apareceralles o aviso de que teñen mensaxes novas sen ler. Se non, pode que nunca se enteiren de que se lles escribiu! No teu caso non tes ainda esa palabriña. Para ver como introducila consulta aquí. --Xosé (✉) 17:48, 12 marzo 2007 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Moitas grazas polo traballo que estás/estades facendo co teu nome de usuario e como IES Pazo da Mercé, contar contigo/convosco está axudando a unha mellora considerable de novas zonas da Galipedia. Foi un día afortunado para este proxecto aquel no que decidiches conoverterte nun membro activo do wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:44, 26 marzo 2007 (UTC)

Desculpa por non intervir en Talk:Bufo pequeno. En canto me poña ao día fareino. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:21, 24 abril 2007 (UTC)
Mensaxe recibida. Botareille unha ollada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:12, 24 abril 2007 (UTC)

Ollei a proposta de clasificación por riba e os únicos comentarios que se me ocorren polo de agora son cuestións menores: en principio deixaría ao marxe as categorías refiridas ás personalidades para ilas creando pouco a pouco segundo o esquema das categorías de personalidades, os cruces con outras ramas por exemplo as Biomoléculas tamén nunha das subcategorías de Química, trocar Enxeñaría por Inxeniería, con respecto a encima en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#encima_vs._enzima e. en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Acr.C3.B3nimos_de_Compostos_Bioqu.C3.ADmicos xa surxiu o tema quizais sexa preciso falalo. Outra cousa se unha subcategoría vai ter moi poucos artigos habería que valorar se convén creala ou non. Gran traballo, moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:48, 27 abril 2007 (UTC) Engadido: está máis estendido o uso de Lista no canto de Listaxe nas páxinas e nos nomes das categorías da Galipedia, sería preferible mudar iso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:49, 27 abril 2007 (UTC)

No de categorías con poucos artigos non me refería a que tiveran poucos artigos ao principio, senón se ían ter poucos (por exemplo: Teorías sobre a orixe da vida, non sei cantas hai pero supoño que só unhas poucas, quizais estea nun erro). O de Química non o dicía como algo para substituír o que ti púxeches queria dicir que algunhas moléculas poden estar en amabalas dúas categorías. En canto a Enzima creo que hai que abrir un debate para tomar unha decisión "oficial" que sirva de recomendación para o futuro (aínda que eu mesmo propuxen Enzima baseandome no dicionario de termos de química da USC). Sobre as outras categorías sobre as que dis ter dúbidas, sinalar que moitas veces a clasificación vai collendo corpo ela soa a medida que evoluciona e así vense os arranxos que hai que facer. Expón na páxina de discusión da proposta aquelas directrices que consideres importantes e adiante coa túa proposta, vai creando a armazón de toda a rama comezando por aquelas categorías que consideres máis urxentes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:48, 27 abril 2007 (UTC)

Escolas UNESCO[editar a fonte]

  • Ola Calros. Pois parécenme ben os teus argumentos, e desde logo, a opción de manter o artigo era sempre a mellor (con ou sen modificacións). Parabéns polo artigo. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 08:42, 2 maio 2007 (UTC)

Re: Sobre as licenzas[editar a fonte]

Toda a información precisa está en {{Pengo IUCN/gl}}, basta con incluír ese marcador en cada imaxe para que se visualice a licenza correcta. Xa o incluín en todas imaxes, tantos nas do aviso como nas outras que fixeches. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:16, 14 xuño 2007 (UTC)

Fixeches ben en crear os gráficos. Non necesitas pedir permiso ningún para facelo, o que si resulta inetresante é poñer algún tipo de aviso na Taberna (novas) e/ou na Taberna de Commons para que o resto dos colaboradores coñeza que existen e lles dea uso (para mellorar dese xeito a coordenación). Grazas aos alumnos do IES Pazo da Mercé polas súas palabras e pola súa contribución, e grazas a ti por embarcarte neste proxecto. Esperamoste o curso que vén desde Redondela :-) Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:35, 15 xuño 2007 (UTC)

Especies ameazadas[editar a fonte]

Ola, engadín o apartado de especies ameazadas no template de taxonomía dos animais Template:Taxonomia-animal, mira o exemplo en burro. Para os outros templates será igual, ai que engadir os apartados ESTADO (abrebiatura para a imaxe) e ESTADO_NOME (nome completo do estado) na explicación. Agora mesmo ando algo liado, se podes seguir tu a partir de aqui fasme un favor :), en canto teña tempo (este finde ou a partir do luns) mirarei de incluílo en todolos modelos de taxonomía e modificalo para que se poda omitir (tal e como esta agora mesmo ai que incluílo en tódolos modelos). Para calquer outra cousa pegame un toque e tentarei facer o que poda. Un saúdo. --BaNjO(tell me) 13:40, 15 xuño 2007 (UTC)

  • Xa está incluído en tódolos templates, agora só hai que incluílo nos artigos, tócache a parte máis aburrida :). Un saúdo --BaNjO(tell me) 19:33, 15 xuño 2007 (UTC)
  • Estiven probando as funcións if para que non aparecese o apartado de estado cando non se inclúe no template pero dan problemas debido as táboas, co cal retireinas. Retirei este apartado do estado nos fungos, bacterias, protistas e archaea, co que só quedan en plantas e animais, xa que polo que vin noutras wikipedias só se usan nestas dúas. Para calquer outra cousa aquí estou. Un saúdo --BaNjO(tell me) 20:23, 15 xuño 2007 (UTC)

Cabra descoñecida[editar a fonte]

Boas, teño unhas fotos dunhas cabras (macho e femia) das que descoñezo a subespecie a a que pertencen. Poderías votarme uha man a identificalas? (mandariachas por correo electrónico) aproveito para felicitarte polo teu traballo. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:25, 17 xuño 2007 (UTC)

Estado de conservación -> svg[editar a fonte]

  • As imaxes que ilustran o estado de conservación dos seres vivos que aparecen nos modelos son JPG. É preferíbel utilizar SVG (como se ilustra nesta páxina da wikipedia en inglés, en:Image:Status_iucn3.1_EW.svg, que as reúne todas. Por outra banda, o texto das nosas imaxes está en masculino e penso que deberia ser en feminino, como ademais di o texto (Estado de conservación). Quere-las pasar ti a svg? --Xosé (✉) 22:06, 19 xuño 2007 (UTC)
Na páxina de discusión de Pita do monte Lameiro (conversa · contribucións) di que o estado de conservación no mundo non se corresponde co estado de conservación en Galicia. Podería solucionarse tendo unha caixa de estado de conservación para o mundo e outra para Galicia nos casos en que ambolos dous non coincidan? Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:46, 27 xuño 2007 (UTC)
Paréceme boa idea a do apartado sobre Galicia. Haberá que revisar o das caixas a ver se hai algo que se poida facer para melloralas. Na semana que ven a ver se podo botarlle unha ollada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:59, 27 xuño 2007 (UTC)
Non vin que me respostaras na miña páxina de discusión até hoxe. Efectivamente, SVG é mellor para gráficos porque permite velos en maior tamaño sen "pixelación" (ao contrario dos mapas de bits). Fago-o eu, leva pouco tempo. Para iso collo os orixinais en inglés e edítoos con inkscape. As caixas de taxonomía son moi rudimentarias, xa o sei. Fíxennas cando non había nada e o pior que teñen é precisamente que non é posíbel excluir ou incluir partes do taxón. --Xosé (✉) 17:43, 30 xuño 2007 (UTC)
  • Ah, e que decidimos sobre masculino/feminino? Pensando-o mellor penso que é mellor feminino, como en "especie extinta".--Xosé (✉) 17:52, 30 xuño 2007 (UTC)
  • Feito. Descargar e modificar todas esas imaxes, se son svg, non leva cinco minutos. O que máis demora é envialas e por-lles toda a información. --Xosé (✉) 20:58, 1 xullo 2007 (UTC)

Cabriñas, grazas[editar a fonte]

Graciñas pola axuda. O certo é que tamén llo tiñamos consultado a un catedrático de bioloxía da USC e non ten idea. Un veterinario de Coren, ao igual que o home ao que lle mercaron as cabras, dixo que eran Cabras do Xurés ou Xerés como se prefira. Pero cando consultas por internet sobre esta subespecie en todos os lados fala de que están extinguidas desde fai tempo. Nos de momento chamámoslle as mini cabriñas que moi científico non queda pero e que parecen feitas como de souvenir chino. Grazas, e benvido despois da volta de vacacións. Lansbricae (Ti dirás) 15:26, 10 setembro 2007 (UTC)

Ola, atopei en commons imaxes moi interesantes que non sei se as coñecías, póñocho por si che son útiles para ilustrar os artigos que estás creando, xa que fermosas son: [1]. Bo traballo e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:38, 29 setembro 2007 (UTC)

Títulos dos artigos sobre animais[editar a fonte]

Olá. Como vexo que andas cos animais, menciono unha votación aberta sobre os nomes científicos como entrada por se queres expresar a túa opinión nela. Un saúdo. --Xosé (✉) 10:55, 12 outubro 2007 (UTC)

Ola,

Creo que xa está solucionado, o template:Filos do reino animal tiña unha interwiki á es:Plantilla:Filos que non estaba dentro das etiquetas <noinclude></noinclude>, có cal engadíase esta interwiki a tódolos artigos que incluían o template. Se necesitas calquera cousa máis xa sabes :). Un saúdo --Banjo tell me 11:53, 15 outubro 2007 (UTC)

título = nome científico[editar a fonte]

Sinto moito disentir sobre o teu voto do uso do nome científico para os títulos. Igual che interesan os meus argumentos: ó mellor coincides con algún. -- Sobreira (parlez) 18:47, 21 outubro 2007 (UTC)

Re: Benvida[editar a fonte]

Ola Calrosfking. Moitas grazas pola túa mensaxe, espero ser un pouco máis "sabio" e ter aprendido algo. A min tamén me aleda atoparte aquí outra vez. O mellor deste proxecto son as persoas coas un colabora. Para min foi e é unha ledicia coincidir aquí contigo e con outros moitos compañeiros. Novamente grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:30, 7 novembro 2007 (UTC)