Conversa:Bufo pequeno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • En portugués é coruja-pequena, entón eu pregunto: cal será a mellor denominación en galego? E tamén digo eu: hai sinónimos para denominar esta ave? --Xoán Carlos Fraga 16:45, 10 abril 2007 (UTC)
  • O cadro que puxera alguén a través dunha ip foi eliminado por Elster, e ao mellor está ben quitado, descoñézoo, mais ben se podía poñer algunha explicación da eliminación para aforrar traballo. Volvín pór a foto, mais a ver se Elster aclara esa eliminación (porque ao mellor hai que volver a eliminar a foto, ou repoñer o cadro). Agardo resposta. Un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 16:51, 10 abril 2007 (UTC)
  • Nesta subpáxina teño recollidos os nomes de paxaros en galego, segundo iso o nome é correcto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:56, 10 abril 2007 (UTC)
  • Teño recollido o nome de Bufo pequeno en varios libros, polo que eu diría que o nome é axeitado; descoñezo outras denominacións. Por outra banda, non pensas que o mellor póderíanse facer os artigos sobre os seres vivos a partir do nome científico, e dicir, neste caso o artigo chamaríase "Asio otus", e logo facer redireccións cos nomes comúns, xa que poden exitir varios para un mesmo ser vivo, e con o nome científico non hai dúbida, xa que só existe un--Calrosfking (FÁLAME) 17:07, 10 abril 2007 (UTC).
A opción seguida ata agora foi titular o artigo cun dos nomes comúns e redirixir o resto dos nomes comúns máis o científico a ese nome. Como excepción nos casos nos que haxa dúbidas debe usarse o nome científico para titular o artigo. Por suposto é un cuestión que se pode debatir, lembro que Sobreira se ten manifestado no mesmo sentido ca ti. Penso que é importante darlle a máxima presenza aos nomes comúns galegos sempre que poidamos, é unha información difícil de conseguir en moitas ocasións e resulta máis visible no título. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:24, 10 abril 2007 (UTC)
Tes razón co argumento da presenza, e vexo que moitas outras wikipedias fan o mesmo, máis creo que se perde algo de precisión científica o definir un termo concreto. Por outra banda o nome científico e unha denominación propia de tódolos idiomas (o mesmo se usa en francés que en chinés que en tamil e polo tanto tamén é do galego). Quizais, a clave poda estar na resposta a esta cuestión: ¿Cal é o fin último da Galipedia, a promoción do noso idioma como vehículo de comunicación, ou a transmisión de coñecemento enciclopédico empregando parámetros "científicos"?. Normalmente estas dúas ideas non son incompatibles, pero penso que neste caso si o son. Si resposto a esta cuestión co corazón sen dúbida usarei o nome común, si o fago coa cabeza, non me queda outra que usar o nome científico--Calrosfking (FÁLAME) 08:00, 11 abril 2007 (UTC).

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bufo pequeno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 12:26 (UTC)[responder]