Landoi, Cariño
| Landoi | |
|---|---|
Igrexa de Santiago de Landoi. | |
| Concello | Cariño[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°41′58″N 7°54′28″O / 43.6995, -7.9078 |
| Poboación | 146 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 15[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Landoi é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 169 habitantes (84 mulleres e 85 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Landoi esténdese pola aba oriental da Serra da Capelada co seu pico da Miranda como altura máis destacada e chega até os lindes da Ría de Ortigueira nas terras do lugar de Cabanán. Linda polo norte coas parroquias da Pedra dende a Pena do Monte da Herbeira até a Pena do Frade da Miranda e con Sismundi dende a Cova do Sisto até a Penarredonda da Curveira. Polo leste limita dende a punta anterior até a Punta do Cepo co litoral da ría. Polo sur limita coas parroquias de Feás e Veiga do concello de Ortigueira e Régoa do concello de Cedeira. Finalmente polo oeste linda coa anterior parroquia de Cedeira.
A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia. Tamén o río Seixo baña as súas terras despois de captar auga de multitude de regatos que baixan dos montes da Capelada até desaugar na Ría de Ortigueira en Esteiro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial, na honra de Santiago, cunha soa planta e espadana no fronte está rodeada polo cemiterio e atópase no lugar do Igrexario.
A Pena do Castelo conserva restos dun poboado castrexo, no que se aprecian vestixios dos muros.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Landoi
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Landoi no concello coruñes de Cariño | |
|---|---|
|
As Barreiras | Cabanán de Abaixo | Cabanán de Arriba | As Cabanas | O Cabo | A Calzada | O Cubilote | O Igrexario | A Lama | Meleato | Orxeiro | Paradela | Río da Cruz | A Sancha | O Seixo | As Tercias | Zarza |
Parroquias de Cariño
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño | |
|---|---|
|
Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo) |