Conversa usuario:BREAMOB0001

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, BREAMOB0001!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola! Movín o artigo de Cociña Vexetariana a Cociña vexetariana. Porfi, podes revisar a tradución automática?

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de marzo de 2019 ás 23:19 (UTC)[responder]

Marcador proxecto escolar[editar a fonte]

Ola BREAMOB0001! Grazas polas túas achegas á Galipedia. Vin que engadiches o marcador {{Mod proxecto escolar}} ao principio de varios artigos. Creo que ese non debería ser o lugar, xa que é unha información que non é relevante para o artigo, penso que o seu sería poñelo na páxina de conversa de cada artigo. É un pouco estaraño entrar nun artigo e que o primeiro que vexas sexa un cartel grande que indica:

Se queres podes consultalo con algunha administradora, pero creo que o mellor sería trasladar esa información á conversa. Graciñas! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2019 ás 20:34 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola BREAMOB0001. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2019 ás 21:04 (UTC)[responder]