Conversa usuario:Agpress
Benvido(a) á Galipedia, Agpress!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 00:19 (UTC)
Grazas polas súas contribucións. Algunhas das ligazóns externas que engadiches nas túas últimas edicións foron retiradas. As ligazóns externas relevantes engádense na sección "Ligazóns externas" ao final dos artigos seguindo o Libro de estilo. As ligazóns no corpo dos artigos deben seguir o formato wiki e referir a outros artigos internos da Galipedia, podes atopar máis información sobre o seu uso en Wikipedia:Como editar unha páxina. Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 7 de agosto de 2015 ás 20:58 (UTC)
Escudo de Galicia[editar a fonte]
Ola, Agpress; como podes mirar en Categoría:Escudos por país, os títulos e entradas deses artigos levan simplemente o formato "Escudo de <Nome do sitio>", sen adxectivos relativos á identidade do lugar. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de setembro de 2020 ás 09:37 (UTC)