Conversa usuario:85.91.84.225

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 85.91.84.225 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ola! Estiven a editar os artigos que creaches de Festa da pataca de Coristanco, Banda Municipal de Carballo, SYSCA, Lagoa de Alcaián e AD Fogar da Xuventude. Deilles categoría e incluín ligazóns internas, amais de corrixir varias faltas de ortografía. Estaría ben que incluíses nos artigos referencias ou ligazóns ás páxinas web dos clubs deportivos ou da banda, por exemplo. E anímote a consultar o Libro de estilo para aprender mellor como funciona a Galipedia.

Se tes algunha dúbida, non teñas medo a pedir axuda na páxina de conversa de calquera usuario. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de decembro de 2013 ás 13:01 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola 85.91.84.225. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2013 ás 20:08 (UTC)[responder]