AD Fogar da Xuventude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude (AD.Fogar) é un club deportivo de natación e tríatlon con sedes en Carballo e Oleiros.

Foi creado no ano 1988 con José Carlos Mancebo Porteiro como presidente. En 1999 á entidade súmase tamén o Concello de Oleiros.

Na sección Carballo os deportistas adestran no complexo deportivo Carballo Calero, e na sección Oleiros os deportistas adestran nas instalacións do INEF en Bastiagueiro.

Galardóns e récords[editar | editar a fonte]

Varios deportistas do equipo competiron e compiten a nivel europeo, tanto en natación como en tríatlon. Entre as plusmarcas acadadas están os récords galegos de Marcos Souto Veiga e Marcos Viaño Varela.

Na década de 1990 a nivel do club destacou a nadadora Elisa Pichel García de Seárez, actual adestradora dos equipos alevín, benxamín e veterano na sección de Carballo. Outro deportista destacado é Víctor Tato Fuentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]