Conversa:Sofía Casanova

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este texto "a súa sede de coñecemento e de saber" parece redundante. Unhanova (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 13:06 (UTC)[responder]

é unha copia literal doutro sitio esa frase, que se lle ha facer...Maria zaos (conversa) 14 de decembro de 2018 ás 11:08 (UTC)[responder]

Adicionara[editar a fonte]

Ola, o termo adicionara existe en galego? Se non existe por favor poderíades dicir polo que hai que substituír? Grazas, pola vosa atención. CristianCb (conversa) 18 de decembro de 2018 ás 14:08 (UTC)[responder]

aparentemente non existe, substituíno por engadir, graciñas polo aviso :)Maria zaos (conversa) 19 de decembro de 2018 ás 00:21 (UTC)[responder]

Frase rara[editar a fonte]

A frase "Este autor tamén declara que Sofía plaxiou parte da obra de Lutosławski apoiándose noutro filósofo grego" q está na parte final do apartado "Pensamento político e polémica" non me ten moito senso. Q ten que ver un filósofo grego co plaxio dun escritor polaco? Non podo acceder á referencia pq a ligazón só leva a un tráiler do documental. Alguén pode aclarar isto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 09:51 (UTC)[responder]

Boas, Elisardojm,o acceso ao documental é de pago (moi baratiño, pero de pago), pero creo eu que isto non impide usalo como fonte. Sobre a frase: certamente é rara e xa tiven as miñas dúbidas á hora de incluíla. Basicamente non di nada máis, o mesmo con outras ou case as mesmas palabras. Se me decidín a incluíla foi polo seguinte: considero que hai que incluír toda a pluralidade de visións( mesmo as opostas) que sexa posible para facer máis redonda unha entrada. Neste caso, trátase dun especialista da obra do marido de Sofía que amosa unha clara animosidade cara Sofía Casanova, chegando a chamala, se non recordo mal "egoísta" e "interesada" ou calificativos semellantes. Para fundamentar estas afirmacións achega, entre outras cousas, estes dous casos de plaxio. Do que falamos aquí non achega máis datos. Eu entendo que Lutoslawski escribiría unha obra de caracter filosófico sobre un filósofo grego- que non se menciona- e Sofía Casanova, á súa vez plaxiaria esta obra facendoa pasar como súa supostamente noutro idioma. Non achei ningunha referencia na bibliografía sobre este tema, igual porque só o podería saber alguén que estudou a obra deste home. Podo a) retiralo b)mantelo con outra redacción (máis datos non hai, así que non sei cal poderá ser) c)mantelo e movelo a outra sección ou a unha nota d) tentar buscar nos estudos deste investigador a que obra se refire, pero claro, penso que é ruso. Se non o publicou en castelán precisarei axuda dalguén con bo nivel de ruso. Algunha persoa voluntaria? Un saúdo. Maria zaos (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 22:32 (UTC)[responder]
A xulgar pola entrada de Lutoslawski na wikipedia polaca, o filósofo podería ser Platón. Agora, ad obra que Sofía Casanova supostamente se atribuíu nin idea.Maria zaos (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 22:43 (UTC)[responder]
Maria zaos, eu non dixen q non se puidera usar o documental como fonte, só dixen q eu non tiña acceso a el :) Está ben que se inclúan todas as visións, iso é o que se debe facer, pero se algunha parte non é comprensible ou confusa, non pode engadirse simplemente porque "exista", ou aclárase máis buscando outra información que o explique, ou non se engade... Eu creo que mentres non se atope unha explicación a esa información, o mellor sería quitala.
Eu algo vin por aí de que o Lutoslawski ese era un especialista de Platón, pero iso non chega para explicar esa frase, habería q investigar máis para aclarar o tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 00:46 (UTC)[responder]

Feito! Feito!Maria zaos (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 07:34 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 03:13 (UTC)[responder]

Sección Biografía/Traxectoria[editar a fonte]

Boas, cando eu traballei no artigo deixara dúas seccións: Biografía e Traxectoria. A razón foi que o peso dos contidos de Biografía, agora denominada Traxectoria, están tremendamente determinados polos lazos familiares e os aspectos da vida persoal, como é o casamento e o seu rol como nai, esposa, filla etc. En biografías de persoas máis contemporáneas é máis sinxelo separar as facetas de vida privada e persoal da traxectoria profesional, de feito hai editoras que inclúen unha sección específica baixo o título Vida persoal.
No caso de mulleres resulta realmente máis complexo, como é este caso, polo que resulta bastante paradóxico incluír as facetas de mai e esposa como "traxectoria". Como se me solicitou ampliar a introdución deste artigo, debullando as seccións, gostaría que houbese un consenso en este sentido antes de facelo. Eu son partidaria de Biografía e Traxectoria, e non Traxectoria e Traxectoria periodística e literaria como figura agora.

Poño ping segundo as contribucións do historial: HombreDHojalata , Elisardojm , Estevoaei , Sobreira, Xas, CristianCb, Xosé, Xabier Cid, Lles , Jglamela, Banjo, Alfonso Márquez, Atobar, Breogan2008, Jglamela Grazas--Maria zaos (conversa) 30 de abril de 2020 ás 16:33 (UTC)[responder]

Tomando como referencia os adC e aB, o consenso implícito actual para a estrutura das biografías é usar a cabeceira "Traxectoria" para as seccións que tratan sobre o desenvolvemento da vida do persoeiro. Non se cumple ó 100% pero si na maioría. O ideal sería acordar e manter un estándar para todos. Na miña opinión as seccións "vida persoal" e semellantes deberían evitarse como tal, integrando os contidos dentro da propia historia biográfica en cada caso, ou como subseccións da sección xeral de "Traxectoria" (ou como se acorde chamala). Para o caso concreto de este artigo, unha terceira opción: Traxectoria e Obra periodística e literaria. Banjo tell me 30 de abril de 2020 ás 16:43 (UTC)[responder]
Maria zaos, eu digo de cambiar o título da sección "Traxectoria periodística e literaria" por "Obras" e quitar a subsección que está debaixo, desa forma todo ese contido, que é unha explicación da súa obra e a lista, estará nun único apartado. O apartado Traxectoria eu entendo que deben indicarse os feitos relevantes da súa vida. Tamén considero como Banjo que non deben engadirse, en xeral, os apartados de "vida persoal" e semellantes. (Creo que fun eu o que metín a pata poñendo a sección "Traxectoria periodística e literaria", perdón por iso, estaría durmido ese día). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2020 ás 17:26 (UTC)[responder]