Saltar ao contido

Conversa:Rosalía de Castro/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Causa da morte

[editar a fonte]

Rosalía morreu en 1885 pero non de tise. Morreu de cáncer (non sei se de estómago ou de útero)

  • A información dos primeiros anos de Rosalía de Castro baséase en información achegada en Un importante documento para a biografía de Rosalía de Castro, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Grial 136, páx. 479-501, 1997.--Rocastelo(fálame aquí) 09:17, 22 outubro 2005 (UTC)

Traducións

[editar a fonte]
  • Estaría ben pór as linguas ás que foi traducida Rosalía. Polo que sei, o xaponés Shozo Nakanishi traduciu á súa lingua 12 poemas de Cantares Gallegos e o poema "á miña nai" acábao de publicar (noticia de xaneiro de 2007) a editorial Chusekisya, nunha tirada de mil exemplares, e conta co apoio financeiro do programa Baltasar Gracián do Ministerio de Cultura español. Que opinades? --Xoán Carlos Fraga 17:54, 21 abril 2007 (UTC)

Autores contemporáneos

[editar a fonte]

é pertinente a lista de obras de autores contemporáneos, sen wikificar nin ligazóns internas???? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 22:30, 19 maio 2008 (UTC)

  • no meu xuicio non é pertinente esa lista. Co tempo hai suficientes estudos sobre Rosalía de Castro para que o artigo medre sen ter que encher con esa lista que enche e non abarca o conocemente sobre esta autora. Eu propoño que se borre. ElviraConversa comigo 22:38, 19 maio 2008 (UTC)
  • Eu tamén penso que habería que borrala. Miguel.lima 07:21, 20 maio 2008 (UTC)
  • Opino o mesmo ca vós. AlberteSi, digame? 13:53, 20 maio 2008 (UTC)
  • Eu tamén estou de acordo, o que se pode facer é unha mención no artigo a algúns dos seus contemporáneos encandrados no movemento romántico ou aqueles autores que influenciou, como é o caso de Juana de Ibarbourou--Hugo22 14:38, 20 maio 2008 (UTC).
Esta idea pareceme mui bóa para desarollar un pouco o artigo. Tratandose do romanticismo, do que sei, debese falar dos seus intercambios con Gustavo Adolfo Bécquer, sin olvidar de falar de Gertrudis Gómez de Avellanada e de Carolina Coronado, estas tres poetesas son as grandes figuras femininas da poesia romantica española. ElviraConversa comigo 15:40, 20 maio 2008 (UTC)
  • Estou de acordo convosco. --Arco de Rayne 14:39, 20 maio 2008 (UTC)
Rosalía Castro de Murguía, é certo que entre a alta sociedade española a muller adoptaba o apelido do marido e independentemente que ela o utilizase algunha vez, mesmo nos seus libros, e que o utilizase a prensa da época, o certo é que legalmente o apelido non mudaba tan só se utilizaba como fórmula (a adopción oficial, aínda que xa se viñan utilizando desde os tempos de Carlos III, dos dous apelidos data da Lei de Rexistro Civil de 1870 e era ilegal a súa modificación). A pregunta é Rosalía ao non ter segundo apelido adoptou legalmente o apelido do seu home?--RNC 14:42, 10 maio 2009 (UTC)

Títulos

[editar a fonte]

Entrementres que na cabeceira se escribe Cantares Gallegos, con sendas maiúsculas, nas obras só Cantares vai en maiúscula. Cal foi o título orixinal? O mesmo pasa con Follas novas. Sería bo arranxalo. Rosalía é Rosalía.--Atobar (conversa comigo) 15:08, 24 outubro 2009 (UTC)

Supoño que o título orixinal iría todo con maiúsculas, pero nestes casos non importa cal foi, xa que non é responsable o autor senón o editor, hai que seguir as NOMIG sobre o uso das maiúsculas: Na primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas: A tecedeira de Bonaval, Follas novas. As publicacións periódicas adoitan levar maiúscula non só na primeira palabra inicial, senón tamén nas restantes do título que teñan relevancia semántica: A Nosa Terra, O Correo Galego, O Tío Marcos da Portela.--RNC 15:13, 24 outubro 2009 (UTC)

Exposición do 15 de maio ao 15 de agosto de 2013

[editar a fonte]

Cento cincuenta anos de Cantares gallegos. No principio foi o verso Rosalía de Castro. Sede da Fundación Barrié. Vigo. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2013 ás 16:54 (UTC)[responder]