Conversa:Ponte de Rande

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Añadid un enlace a commons, no si si os valdrá esto:

  • Ben, si, pero ten que estar en galego. Xa o poño, grazas.--Norrin_strange (Talk) 06:51, 17 xullo 2007 (UTC)

Gratuidade[editar a fonte]

Elimino esta frase do artigo: Forma parte da Autopista del Atlántico e até o 2006 foi de peaxe. No derradeiro ano de goberno de Manuel Fraga, prolongouse a concesión da explotación, pero o seguinte goberno subvencionou a gratuidade. Sei que a peaxe da ponte está subvencionada para os veciños ¿de Cangas?, pero de gratuidade nada de nada. Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 22 decembro 2008 (UTC)

Si que é gratis. Se vas de Pontevedra a Vigo, pagas a peaxe en Vilaboa e inclúe a Ponte de Rande, pero se saes en Domaio, antes de cruzala, devólvenche o importe. Saes da autoestrada e volves entrar e aforras 85 céntimos.
Así mesmo, se vés da N-554, ou desde o Morrazo, e entras na ponte de Rande, é gratis, e se vas de Vigo a Domaio igual.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 06:04, 23 decembro 2008 (UTC)

  • Se consultámo-la propia páxina de Audasa, a tarifa Vigo-Rande/Rande Vigo sonche 0,70 euros, e Vigo-O Morrazo/O Morrazo-Vigo, 0,85 euros. En calquera caso eu ía máis polo erro que pode supor falar de "gratuidade", cando o certo é que Audasa cobra eses traxectos subvencionados á Xunta, de modo que ti e mais eu pagamos, vía impostos, esa peaxe. E así polos séculos dos séculos, e por máis que nos prometan nas campañas electorais. O caso é que isto é unha opinión, non sei como verificalo e por iso non o podo poñer no artigo que se non... ;) Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:33, 23 decembro 2008 (UTC)


A peaxe é gratis para os usuarios da autoestrada dende 2006, pero o custo de cada tránsito de cada vehículo que circule sobra a ponte hai que seguir pagándoo á empresa que explota a infraestrutura, neste caso a Audasa. Dende a supresión das peaxes para os usuarios, o devandito custo financiase a partes iguais entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia (Real Decreto 633/2006 do 19 de maio). En definitiva, a peaxe da ponte a pagan todos os galegos (a cargo dos orzamentos da Comunidade Autónoma) e todos os españois (a cargo dos orzamentos xerales do Estado), cun reparto 50/50, utilicen ou non a infraestrutura. È o que se coñece como "Peaxe na sombra". --Plaslux (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 12:36 (UTC).[responder]

Introducida a referencia da Peaxe na sombra no artigo. --Plaslux (conversa) 27 de decembro de 2013 ás 12:30 (UTC)[responder]

Enxeñería[editar a fonte]

Caixiña de info[editar a fonte]

Na caxiña está escrito Pontes dO ría de Vigo onde debería ser DA Ría de Vigo. Cómpre modificalo quen saiba facelo.--Atobar (conversa comigo) 14:10, 8 xuño 2009 (UTC)

  • Feito! Feito! O problema viña do modelo:Ponte (...). Non se me ocorreu ningunha redacción neutra (para non diferenciar masculino de feminino), así que optei por eliminar todo o texto (a ligazón e mais a información que fornecía véxoas inútiles). --Toliño Fala aquí comigo 16:07, 8 xuño 2009 (UTC)

Sobre el material[editar a fonte]

El puente es de cemento en las columnas, y acero en tablero. Hay puentes atirantados con el tablero casi todo de hormigón, por eso creo que vendría bien especificarlo.

Pos piares son de formigón armado e o taboeiro e calbes de aceiro. --Plaslux (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 13:34 (UTC)[responder]

Ao poñer "enxeñeiros" en vez de "arquitectos" na ficha da ponte, cambiouse o formato. Non son capaz de volvelo a poner como antes. Pido disculpas por elo, e agradecería que alguén mais metido nestas lides o poidese cambiar. Grazas. --Plaslux (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 13:33 (UTC)[responder]

--79.109.4.24 02:12, 30 xuño 2009 (UTC)

postesado ?[editar a fonte]

No texto di: "As travesas dos piares principais son de formigón postesado."

Está ben ese "postesado"? --. HombreDHojalata.conversa 17 de decembro de 2013 ás 19:21 (UTC)[responder]

Ola HombreDHojalata! Si, está ben. O formigón pode ser "pretensado" ou "postesado"; son diferentes técnicas de conseguir prestacións que superen ás do formigón simplemente armado. Consiste en meter tensión aos cables: resumindo moitísimo, poden ir tensos antes ou despois dentro do proceso de execución dunha viga.

Un cordial saúdo e grazas por todo.

Será entón "postensado", non? --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de decembro de 2013 ás 20:12 (UTC)[responder]

A miña linguaxe técnica provén sempre de fontes castelás, claro. A cuestión é que sempre se falou de "tesar" os cables. Nin mirei os diccionarios (nin RAG nin RAE), e ademáis falo de memoria. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18 de decembro de 2013 ás 01:12 (UTC)[responder]

Efectivamente, en castelán existe tesar, pero en galego só aparece tensar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de decembro de 2013 ás 01:27 (UTC)[responder]

¿Datas: 1978-1981?[editar a fonte]

Na caixa de información di "Datas: 1978-1981". Sabendo que se inaugurou en 1981, cabe supoñedr que o ano 1978 indicaría o comezo das obras, pero resulta que non, que comezaron en 1973 e remataron en 1977 (este último ano viña no artigo, non o puiden confirmar), así que non entendo que quererá dicir ese 1978. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 00:49 (UTC)[responder]

Esas datas indican a data de construción, cambiei o modelo para que poña Construción en vez de Datas porque non era claro. Cambiei o artigo para que poña que a Construción foi do 73 ó 81 que penso que é o correcto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 22:36 (UTC)[responder]