Conversa:Ponte Vella de Monforte de Lemos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ponte Vella haberá milleiros no mundo.

Non habería que cambia-lo nome...? Ponte Vella do Cabe, Ponte Vella de Monforte... non sei. --HombreDHojalata conversa 23:12, 12 xaneiro 2010 (UTC).

A cousa non é concordar ou non concordar, a cousa é que non teño idea de como debe ser o nome exactamente... co nome do río, co nome da vila, separado por preposición, por coma... Grazas. --HombreDHojalata conversa 19:03, 13 xaneiro 2010 (UTC).

Especificativo.[editar a fonte]

Eu coido que o sentido do nome é claro: trátase dunha ponte, e de entre elas é a máis vella. Xa sei que é unha obviedade, pero o que quero decir con isto é que a ponte se chama así porque seguramente será a ponte vella do lugar. Mesmo é probable que noutras vilas atravesadas polo mesmo río haxa outras pontes vellas, pero o que non é posible (por ilóxico) é atopar máis pontes vellas en Monforte. Resultado (enguedéllome sen querer): eu voto por chamala "Ponte Vella de Monforte" ou, se cadra, "Ponte Vella, Monforte" ou similar.--Xoacas(Qué me queres, amor?) 22:12, 13 xaneiro 2010 (UTC)

Ponte vella de Monforte. De igual maneira que temos Ponte romana de Lugo ou de Córdoba. --Atobar (conversa comigo) 22:55, 13 xaneiro 2010 (UTC)

E entendo que unha vez movida cara a Ponte vella de Monforte, e redirixidas toda-las páxinas que ligaban con ela, haberá que marcar Ponte Vella para eliminación. Non si? --HombreDHojalata conversa 09:51, 14 xaneiro 2010 (UTC).

Unha vez movida (vouno facer agora) a páxina Ponte Vella pode quedar como páxina de homónimos, desde a cal se contemplen as diversas Pontes Vellas existentes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:05, 14 xaneiro 2010 (UTC)

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 12:17 (UTC)[responder]