Saltar ao contido

Ponte romana de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte romana de Córdoba

Tipoponte, ponte, ponte, xacemento arqueolóxico, ponte de pedra, ponte en arco, atracción turística e ponte romana Editar o valor en Wikidata
Parte deSitio Arqueológico de Córdoba e Vía Augusta Editar o valor en Wikidata
CulturaRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
Material usadopedra Editar o valor en Wikidata
Transporte
Permite o paso deVía Augusta Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Lonxitude247 m Editar o valor en Wikidata
Número de arcos16 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°52′36″N 4°46′40″O / 37.87663, -4.77788
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaCórdoba
ConcelloCórdoba Editar o valor en Wikidata
AtravesaRío Guadalquivir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben no Catálogo General del Patrimonio Histórico Andaluz
Data20 de maio de 2010

Ben de Interese Cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000524
Wikidata ]

A Ponte romana de Córdoba foi construída a principios do Século I, durante a época de dominación romana en Córdoba, sobre o río Guadalquivir (probablemente substituíndo a unha máis primitiva feita en madeira). Ten unha lonxitude duns 332 metros e está composto por 16 arcos. Foi un importante medio de entrada á cidade desde a zona sur da Península Ibérica por se-lo único punto para cruzar este río sen utilizar ningún tipo de embarcación. Probablemente a Via Augusta que ía desde Roma ata Cádiz pasaba por el.

Desde a época musulmá encontramos nun extremo a torre defensiva da Calahorra e no outro a Porta da Ponte. A porta actual é obra do arquitecto Hernán Ruíz en 1572. No centro da ponte atopamos un triunfo de San Rafael (anxo custodio, que non patrón, da cidade), que data de 1651, obra do escultor Bernabé Gómez del Río.

Foi reconstruída en numerosas ocasións, principalmente durante o Califato de Córdoba, despois da Reconquista e finalmente nos albores do século XX. A principios do século XXI foi convertida en ponte peonil. Entre 2006 e 2008 foi obxecto dunha restauración integral.

No seu contorno podemos encontrar unha pequena reserva natural chamada os Sotos de la Albolafia, onde aniñan moitas especies de aves, algunhas delas en perigo de extinción, e onde se conserva un antigo muíño de auga.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]