Saltar ao contido

Conversa:Osíxeno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Penso que é preciso restaurar esta redirección xa que as formas oxíxeno (de acordo coa etimoloxía) e osíxeno (de acordo coa norma anterior a 2003) son ambas as dúas válidas. Véxase NOMIG e VOLG. --Xoio (fálame) 00:34, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non entendo o que queres dicir con "restaurar esta redirección". As dúas formas son válidas, de acordo, pero no seu día se decidiu que o artigo sería Osíxeno, mentres que Oxíxeno sería unha redirección. Pódese discutir se esta decisión foi a máis acertada, pero o que non tería sentido sería ter dous artigos iguais con diferente título. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:48, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Conversa:Osíxeno (elemento)

[editar a fonte]

Ortografía

[editar a fonte]

En galego o DRAG recolle tanto as formas osíxeno (pronunciado osi) coma oxíxeno (pronunciado oksi), polo que son as dúas correctas, pero o que non pode ser é que no corpo do artigo se utilicen ambas as dúas indistintamente; debería de haber unha unificación. A min gústanme máis as formas con ox porque hai moitos derivados de oxi nos que se mantén o x (de feito na palabla oxíxeno non se mantén porque hai dous x pronunciados distinto na palabra, como ocorre en estranxeiro ou en esixir). Por exemplo, en peroxisoma, oxidar ou oxiácido e ducias de derivados máis de oxi e ox non hai razón para mudar o x. Mesmo hai palabras con significados distintos como óxido e ósido (un glícido). Pero se se opta por usar osíxeno, penso que hai que usalo sempre no artigo e non mesturar as dúas formas.--Miguelferig (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 18:04 (UTC)[responder]

Preferencias aparte (que neste exemplo compartimos), o caso é que a RAG considera válidas as dúas formas, así que ajo y agua. Pero, como ben dis, é necesaria a coherencia interna dentro dun mesmo texto (sempre con s ou sempre con x nun mesmo artigo). A solución nestes casos está en buscar a forma do primeiro editor e unificar nesa forma tódalas aparicións. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 18:56 (UTC)[responder]
Pois parece ser, consultando o historial, que as primeiras edicións desta páxina, feitas por Agremon, utilizan osíxeno e con ese nome foi creada a páxina en 2004. Porén, hai que dicir que daquela tiña que ser así porque a admisión de oxíxeno no DRAG é recente, é dicir, daquela cando se creou a páxina non había opción; a opción haina agora. En calquera caso, seguindo o criterio que mencionas, cómpre unificar con osíxeno, pero indicando ao inicio da páxina as dúas formas que se poden usar e a súa pronunciación.--Miguelferig (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 19:18 (UTC)[responder]
Efectivamente, e acabo de contar que hai 64 aparicións de osíxeno fronte a 7 de oxíxeno. ¿Fas ti os cambios e as explicacións? Tamén vín que a RAG define en osíxeno (onde, curiosamente, non dá sinónimo) e que oxíxeno é unha redirección. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 19:27 (UTC)[responder]

Si, iso é porque no DRAG empezaron aceptando só osíxeno durante moitos anos, e só recentemente aceptaron oxíxeno. Ademais, teño entendido (pero non o sei seguro) que poñen a definición por orde alfabética, é dicir, osíxeno está antes que oxíxeno alfabeticamente.--Miguelferig (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 19:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. Xa está todo unificado con osíxeno. Creo que non se me pasou ningunha palabra e están todas unificadas.--Miguelferig (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 19:36 (UTC)[responder]

Conversa:Osíxeno molecular

[editar a fonte]

Non entendo o sentido desta páxina. No artigo osíxeno (elemento) xa se menciona a súa forma molecular O2 e o ozono O3, co que este osíxeno molecular non achega nada novo. De por parte, a entrada debería ser osíxeno (sen máis), o que elima a necesidade dos homónimos. Pedro --Lameiro (conversa) 12:27, 25 xullo 2008 (UTC)

borrado?

[editar a fonte]

concordo co expresado por Lameiro hai uns meses. Esta páxina non ten demasiado sentido, ao meu entender. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:32, 23 xaneiro 2009 (UTC)

  • Hai catro wikis con este artigo, o francés parece bastante bopara ser traducido, alguén se anima? Non obstante o título que escolleron é "Diosíxeno". Movémolo tamén? --Toliño Fala aquí comigo 12:14, 24 xaneiro 2009 (UTC)
    • Penso que este título (osíxeno molecular) é mellor có outro (diosíxeno), aínda que se pode deixar como redirección. Alberte Si, dígame? 13:14, 24 xaneiro 2009 (UTC)
      • Comparando os contidos actuais dun e doutro artigo, reitero a miña opinión contraria a manter osíxeno molecular como artigo propio, polas razóns xa expostas. Se mañán alguén consegue crear un artigo que achege información suficiente e diferenciada sería o momento de crealo. Hoxe por hoxe, cabe todo nun mesmo artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:21, 24 xaneiro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Osíxeno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 22:12 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Osíxeno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de agosto de 2018 ás 17:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Osíxeno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 04:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Osíxeno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 04:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 7 ligazóns externas en Osíxeno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de outubro de 2019 ás 07:02 (UTC)[responder]