Conversa:Hóspede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Opino que no cabezallo, toda a explicación filolóxica está de máis. A wikipedia non é fonte primaria, é dicir, que non pode facer recomendacións lingüísticas nin, en xeral, dar opinión. Ademais, o único termo admitido a día de hoxe é hóspede na sá segunda acepción do DRAG. Nin o Xerais nin Cumio nin polo que mirei ningún outro aceptan outra palabra senón hóspede co significado que aquí ten. --Atobar (conversa comigo) 19:43, 4 de agosto de 2012 (UTC)

A conclusión "...polo que parece lóxico utilizar este termo" parece máis propia dun ensaio, e como sabemos, iso sáese dos obxectivos deste proxecto. --. HombreDHojalata.conversa 19:58, 4 de agosto de 2012 (UTC)

Concordo no da "explicación filolóxica" e no de que a Wiki non é fonte primaria, e que nela non caben as opinións particulares, de Atobar. E co de que os artigos da wiki non son ensaios, de HombreDHojatata. Pero sigo en discordar no cambio do título. Covídovos a que miredes na Taberna a páxina de discusión que abrín alí.--XoioÉche o que hai 13:24, 5 de agosto de 2012 (UTC)

Hospedeiro vs Hóspede[editar a fonte]

Quixera someter a pública discusión na Galipedia a pertinencia de utilizar unicamente o termo hóspede, en bioloxía, no canto de hospedeiro, que algúns utlizan (utilizamos). O motivo de traer este asunto aquí é o cambio que se fixo no título do artigo que editei (como hospedeiro), e da supresión do cabezallo de dito artigo por "presentar opinións persoais" —o que no critico: é sabido que nas wikis non caben— aínda que si discrepo das razóns aducidas para o cambio do título, en razón de que o dicionario da RAG, para o significado biolóxico que contemplei, o único termo que admite é hóspede. E porque que neste lugar é o único ondee se poden sustentar opinións.

Para empezar, reproduzo o cabezallo do artigo na súa 1ª edición:

Hospedeiro

En bioloxía chámase hospedeiro, hospedador, hospedante e tamén hóspede,[1] a aquel organismo que alberga a otro no seu interior ou que o porta sobre si, ben sexa nunha simbiose, ou como parasito, comensal ou mutualista.
O uso do termo hóspede en bioloxía vai en contra do que ten na linguaxe cotiá, onde significa hospedado, non hospedador. Isto débese a que a palabra hóspede procede do latín hospes, hospitis, que representaba no latín clásico a mesma parella de significados contraditorios: o que alberga e o que é albergado, duplicidade que se adoita manter, por moitos autores, no campo científico (que é bastante conservador en materia terminolóxica).
Porén, debido á ambigüidade do termo, que naturalmente tamén se produce nourtros idiomas romances, moitos científicos prefiren, para a bioloxía, os termos hospedador (do latín hospitator),[2] ou hospedante.[3] En castelán, tamén avogan por hospedero (equivalente ao galego hospedeiro) moitos autores e tradutores.[4] [5]
Os dicionarios galegos non inclúen as voces hospedador nin hospedante (que poderían ser adxectivos, e susbtantivos, derivados normais de hospedar,[6] [7] nin tampouco, o da RAG, hospedeiro; pero si que o fai o Gran Xerais da lingua,[8] e o da editotial Ir Indo,[9] polo que parece lóxico utilizar este termo, ampliando o seu campo semántico, para os significados biolóxicos, como de feito xa o fan diversos autores na cada vez máis florecente literatura científica no noso idioma. Na nosa lingua irmá, o portugués, tamén se usa hospedeiro en bioloxía.

Até aquí, o cabezallo. E sigo coas miñas argumentacións.

O argumento esgrimido para cambiar o título foi que "o único termo admitido a día de hoxe é hóspede na súa segunda acepción do DRAG. Nin o Xerais nin Cumio nin polo que mirei ningún outro aceptan outra palabra senón hóspede co significado que aquí ten".

De acordo. Non aparece hospedeiro nin no Xerais nin no Cumio. Nin nos de Filgueira(1926), Carré(1928-1931), Carré(1933), Ibañez(1950), Carré(1951), Eladio(1958-1961), Franco(1972), Carré(1979).[10] Por non aparecer, tampouco aparece, con este ou con outro significado, no da RAG que, como dixen, non rexistra a voz (o que non significa necesariamente que no exista). Por iso argumentei que, en bioloxía, podería aparecer como unha ampliación do campo semántico, unha opción moi utilizada en todos os idiomas para incluír novos conceptos, máis o menos relacionados, cos establecidos previamente; como se fixo, neste caso, e sen ir máis lonxe, no castelán e, nomeadamente, no portugués.

Para non aburrir, só engadirei ao argumentado no cabezallo arriba exposto que consideredes, por un lado, o que din as NOMIG (18ª ed., revisada, decembro de 2003), na súa páxina 12:

Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempe que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego.

E, por outro, que botedes unha ollada ao artigo Hospedeiro na wiki en portugués, e mais á páxina Parasitologia Médica, pp. 4-10

Agardo as vosas opinións.--XoioÉche o que hai 13:16, 5 de agosto de 2012 (UTC)

Eu dou a miña opinión do pouco que coñezo e do que mirei un pouco agora. Entendo que o uso de hóspede é incorrecto polo seu significado xa que hóspede é a persoa que se aloxa nun hostal ou o que sexa, e no caso biolóxico hóspede é todo o contrario, é o ser que hospeda a outro. Hai varios problemas neste asunto:
  • o tradicional e usado "toda a vida" é hóspede, e así aparece na wiki en castelán
  • o termo hospedeiro, aínda que non sei por que, non aparece en moitos dicionarios. Como dato apunto que no dicionario da RAE si teñen hospedero e que na segunda definición, no campo da bioloxía, ligan a definíción a huésped indicando vegetal o animal en que se aloja un parásito. Esta debería ser a forma normal de uso pero a verdade é que me parece que nunca a vin usada así en castelán. Por outra banda acabo de atopar tamén no RAE que huésped é Mesonero o amo de posada. Persona que hospeda en su casa a otra. indicando que son acepcións pouco usadas, pero que así serían correctas para o uso en bioloxía. Vaia lío!, huesped é o que se aloxa no sitio e tamén o que da aloxamento!!!
  • polo que vin, o termo en inglés é host, que é anfitrión, ten o significado correcto para o seu uso en bioloxía, aínda que tamén ten a tradución de hóspede para o eido da bioloxía cousa que pode ser debido ó uso xeralizado... E agora que o vexo, anfitrión si que o teño visto usarse para esta relación biolóxica en algúns textos, pero polo que acabo de consultar nin no dicionario da RAG nin no da RAE teñen esa definición...
  • acabo de atopar que na EGU teñen o termo hospedeiro, coa definición de hospedador e tamén "BIOL Animal ou vexetal sobre o que vive un parasito, un comensal ou un epífito. SIN: hospedador". Pola contra no termo hóspede non contemplan a acepción biolóxica pero teñen unha relación química: "sistema hóspede-convidado QUÍM Sistema molecular baseado na capacidade dunha molécula para acoller outra. As moléculas hóspede tamén se denominan receptores sintéticos e imitan o mecanismo dos enzimas." Esta última relación é acorde coa definición "correcta" do termo.
Para min o termo correcto debería ser hospedeiro e Xoio achegou referencias do seu uso, e ademais xa que hai outra enciclopedia que ten o termo xa non somos fonte primaria polo cal penso que poderíamos utilizalo explicando, o mellor posible, todo este barullo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:06, 6 de agosto de 2012 (UTC)

Grazas Elisardojm pola túa opinión. O problema en galego, en castelán en portugués, en todas as linguas románicas, débese á duplicidade de significados que, xa no latín clásico tiña o termo hospites, 'hóspede', como apuntei ao principìo. En todos estes idiomas o termo equivalente a hóspede foi quedando, na lingua corrente, para o significado de hospedado, o que se hospeda, inventando para o que proporciona hospedaxe, e para evitar confusións, outro termo, derivado do verbo hospedar, que en galego (como se vé nos diferentes dicionarios antigos recollidos no 'Dicionario de dicionarios'), en en portugués, foi hospedeiro, mentres que os eruditos —incluídos os científicos— seguían usando hóspede (ou equivalentes moutros idiomas) con ambos os sihgnificados etimolóxicos. Pero os científicos, para evitaren dunha vez a ambigüidade, utilizaron, en castelán, varias solucións (incluídaa a de 'anfitrión' que emenciona Elisardo) e, en portugués, hospedeiro. O que resulta como mínimo chocante é que a RAG divida os significados como o fai; en todo caso, dada a etimoloxía, debería ser hóspede en ambos os casos. Polo menos a Real Academia Española, recoñecendo os dous significados, recomenda reservar huésped para 'o que se hospeda'. E aínda que a Galipedia non sexa fonte, ante un caso, coma este, de ampliación de campo semántico, de querer sermos fieis á autoridade académica, deberiamos seguir o indicado no parágrafo da introcución ás NOMIG que reproducín máis arriba: Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempe que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego. de todos os xeitos, alégrome de que Elisardo encontrara o que encontrou na EGU (que parece que para a Wiki en galego é fonte autorizada), e que eu non tiven ocasión de consultar.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións) 11:58, 6 de agosto de 2012

  • Esta achado de hospedeiro na EGU efectivamente parece que cambia as cousas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:36, 7 de agosto de 2012 (UTC)
Por certo, esta é a ligazón, espero que poidades acceder sen ter que rexistrarvos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:50, 7 de agosto de 2012 (UTC)
1. Desculpade polo despiste de non asinar a anterior intervención. 2. Daquela, Atobar, que ides facer? --XoioÉche o que hai 15:09, 7 de agosto de 2012 (UTC)
Isto (pero non ides facer senón imos facer, que eu falo por min e por ninguén máis, e as decisión son conxuntas). Polo demais, agora mesmo vou facer redireccións, e entendo que cando se escriban novos artigos os usuarios poderemos empregar un ou outro termo indistintamente. Un saúdo e graciñas polo traballo, Xoio. --Atobar (conversa comigo) 16:02, 7 de agosto de 2012 (UTC)
E pregunto, sendo válido o termo hospedeiro e tamén máis correcto, non cumpriría trasladar a páxina a hospedeiro e facer a redirección dende hóspede?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:59, 7 de agosto de 2012 (UTC)

1. Para Atobar: Grazas. De momento na Galipedia gañan por goleada os hóspedes aos hospedeiros. Dixen ides facer porque o imos incluiríame a min, e eu non teño arte nin parte nas ligazóns, traslados de páxina, etc. (Tampouco dixen vas).
2. Para Elisardo: Naturalmente que concordo en que hospedeiro, se non máis correcto, igualmente correcto é moito máis lóxico e entedíbel, pero tamén é verdade o que dixen para Atobar: os wikipedistas galegos paridarios do hóspede gañan por goleada.--XoioÉche o que hai 17:14, 7 de agosto de 2012 (UTC)

Ben, as dúas formas son válidas segundo os dicionarios, entón cada editor pode escoller o termo que prefira na redacción dos artigos. Vale, tamos dacordo, pero para o nome do artigo temos que ser precisos xa que isto é unha enciclopedia, polo que penso que deberiamos facer o traslado a hospedeiro e explicar nunha sección do artigo este problema semántico. Quizais sería ben facer unha votación a este respecto?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:25, 8 de agosto de 2012 (UTC)

Notas[editar a fonte]

  1. 1. Persoa que está hospedada nun lugar, ben como invitada, ben pagando. 2 Biol. Organismo que alberga outra especie no seu corpo e establece unha relación de simbiose, comensalismo ou parasitismo. (Definición do Dicionario da RAG [1]
  2. Por exemplo, en: Singer, M. e Berg, P. (1993): Genes y genomas. Barcelona: Omega. 1993. Traducido por Luis Ruiz-Ávila, doutor en bioloxía.
  3. Font Quer, P. (1975): Diccionario de botánica. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-5804-8.
  4. Martínez, R.; Blanco, N. e González, M. (1989): Diccionario terminológico de biología. La Habana: Editorial Científico-Técnica.
  5. Hospedero é o termo predominante (24 veces) aínda que tamén usan huésped (6) e anfitrión (2) en: Odum, E. P. e Barrett, G. W. (2006): Fundamentos de ecología. (5ª ed.). Traducido por María Teresa Aguilar Ortega e revisado por Álvaro Chaos Cador. UNAM: Cengage Learning Editores. ISBN 970-686-470-9.
  6. 1. Recibir [unha persoa] na casa para que viva nela unha tempada, xeralmente cando é en lugares xa destinados a dar aloxamento e nos que se paga. (Definición do dicionario da RAG [2])
  7. 1. Recibir ou ter como hóspede; albergar, aloxar, apuosentar. (Definición do Gran Xerais da lingua).
  8. Persoa que ten ó seu cargo unha hospadaría. GDXL(1009): Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9914-072-8
  9. Persoa encargada dunha hospedaxe. Dicionario de galego (2004): Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-504-7
  10. Hospedeiro. Dicionario de dicionarios. USC/ILG