Conversa:Centro PEN Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polo que leo[1], foi PEN Clube e agora, en efecto falan de Centro PEN. Cómpre mudalo, logo. E deixar redireccións dende Clube e Club. --Atobar (conversa comigo) 10 de xullo de 2017 ás 16:16 (UTC)[responder]
Atobar, están feitas as redireccións, pero sería interesante engadir ó artigo unha nota ó comezo que diga algo do estilo: "O termo clube dende XXXX non é correcto segundo a RAG." ou algo semellante. Sábese dende cando non se acepta *clube? Dende o 2003 por un casual? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]
É posible, si, en 2003, pero non estou seguro. A ver se Estevo nolo confirma. --Atobar (conversa comigo) 11 de xullo de 2017 ás 19:45 (UTC)[responder]
Eu non creo que en ningún momento fose normativo clube. Dous dicionarios vellos que teño dan club, e ambos os dous me parecen fiables, tanto o Diccionario Normativo Galego-Castelán de Galaxia (3ª edición de 1994; a 1ª edición é de 1988, coordinado por Quique Monteagudo e mais por Xermán García Cancela, coa participación de personalidades da lexicografía e a lingüistica en xeral) como o Diccionario Xerais Castelán Galego de usos, frases e sinónimos (1990, coordinado por Gonzalo Navaza). Este último especifica: "as formas galegas recollidas no presente diccionario responden ós criterios léxicos e ortográficos da normativa oficial, determinada polo Instituto da Lingua e a Real Academia". O primeiro indica que "o criterio de corrección está orientado polas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega". En resumo: penso que Clube é un hiperenxebrismo que tivo o seu éxito a nivel social pero que nunca foi aceptado pola RAG. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xullo de 2017 ás 21:40 (UTC)[responder]
Parece que é como explica Estevo. Comprobei agora que na edición do ano 2000 do Gran Diccionario Xerais da Lingua figura club como opción correcta, mentres que clube se cita como lema non estándar. Por curiosidade, aínda tratarei de mirar mañá algunha outra obra de referencia (pero polo momento en ningún sitio -e mirei uns cantos manuais xa- se di que clube fose nalgún momento unha forma estandarizada). Entendo que se trata dun lusismo. --Atobar (conversa comigo) 11 de xullo de 2017 ás 22:42 (UTC)[responder]
Moitas grazas ós dous pola información. E outra pregunta, será un hiperenxebrismo ou un lusismo? Porque entón na nota podemos poñer simplemente algo do estilo: "O termo clube é un tal". Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2017 ás 23:41 (UTC)[responder]
Penso que se trata dun lusismo (ou lusitanismo). En todo caso, esa posible nota creo que acaería mellor na entrada club ca en Pen Clube ou Biblos Clube de Lectores. Vouna poñer e emendádea com vexades que é mellor. --Atobar (conversa comigo) 12 de xullo de 2017 ás 11:56 (UTC)[responder]
Eu creo que a nota deberíamos poñela aquí para que os lectores non teñan que cambiar de artigo. Creo que é importante que quede ben explicado o tema porque se non pode xerar dúbidas de se o título é correcto. Penso que non é ningún problema engadir aquí iso, é simplemente unha nota informativa ou aclaratoria que penso que é necesaria. Esa nota pode levar unha ligazón ó artigo club no que tamén engadín a referencia á entrada no dicionario da RAG.
Quero aclarar ben este tema porque ademais deste artigo está o de Biblos pero a maiores atopei un par deles máis que teñen o mesmo problema e habería que amañalos todos do mesmo xeito. Eu engadiría al semellante ó que puxo Atobar en club "En galego a única forma estandarizada segundo a Real Academia e os principais dicionarios de referencia é club, aínda que o lusismo *clube está estendido na fala." Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2017 ás 23:40 (UTC)[responder]