Contaminación do solo
A contaminación do solo é un proceso mediante o cal un solo pode degradarse ó acumularse nel substancias a niveis tan altos que repercuten negativamente no comportamento dos solos. As substancias, a estes niveis de concentración, vólvense tóxicas para os organismos do chan. Trátase pois, dunha degradación química que provoca a perda parcial ou total da produtividade do solo. A contaminación xeralmente aparece ó producirse unha ruptura de tanques de almacenamento subterráneo, aplicación de praguicidas, filtracións de recheos sanitarios ou de acumulación directa de produtos industriais. Os químicos máis comúns inclúen hidro-carbón de petróleo, solventes, pesticidas e outros metais pesados. A razón deste fenómeno está estreitamente relacionado co grao de industrialización e intensidade do uso de químicos. No que respecta á contaminación de solos o seu risco é primeiramente de saúde, de forma directa e ó entrar en contacto con fontes de auga potable. A delimitación das zonas contaminadas e a resultante limpeza desta son tarefas que consomen moito tempo e diñeiro, requirindo extensas habilidades de xeoloxía, hidrografía, química e modelos a computadora.
Contaminación natural e contaminación humana
[editar | editar a fonte]Podemos distinguir entre contaminación natural, frecuentemente endóxena, e contaminación humana, sempre esóxeno.
Os fenómenos naturais poden ser causas de importantes contaminacións no solo. Logo é ben coñecido o feito de que un só volcán activo pode achegar maiores cantidades de substancias externas e contaminantes, como cinzas, metais pesados. H+ e SO4=, que varias centrais térmicas do carbón.
Pero as causas máis habituais de contaminación débense á actuación dos seres humanos, que ó desenvolverse sen a necesaria planificación producen un cambio negativo das propiedades do chan. Cando no solo depositamos de forma voluntaria ou accidental diversos produtos como papel, vidro, plástico, materia orgánica, materia fecal, solventes, praguicidas, residuos perigosos ou substancias radioactivas etc. afectamos de maneira directa as características físicas, químicas, desencadeando innumerables efectos sobre seres vivos.
Actores influentes na contaminación
[editar | editar a fonte]Vulnerabilidade
[editar | editar a fonte]Representa o grao de sensibilidade (ou debilidade) do solo fronte á agresión dos axentes contaminantes. Este concepto está relacionado coa capacidade de amortecemento. A maior capacidade de amortecemento, menor vulnerabilidade.
O grao de vulnerabilidade dun solo fronte á contaminación depende da intensidade de afectación, do tempo que debe transcorrer para que os efectos indesexables se manifesten nas propiedades físicas e químicas dun solo e da velocidade coas que se producen os cambios secuenciais nas propiedades dos solos en resposta ó impacto dos contaminantes.
Poder de amortecemento
[editar | editar a fonte]O conxunto das propiedades físicas, químicas e biolóxicas do solo o fan un sistema clave, especialmente importante nos ciclos bioxeoquímicos superficiais, nos que actúa como un reactor complexo, capaz de realizar funcións de filtración, descomposición, neutralización, inactivación, almacenamento etc.
Por todo isto, o chan actúa como barreira protectora doutros medios máis sensibles, coma os hidrolóxicos e os biolóxicos. A maioría dos solos presentan unha elevada capacidade de depuración.
Un solo contaminado é aquel que superou a súa capacidade de amortecemento para unha ou varias substancias, e como consecuencia, pasa de actuar como un sistema protector a ser causa de problemas para a auga, a atmosfera, e os organismos. Ó mesmo tempo modifícanse os seus equilibrios bioxeoquímicos e aparecen cantidades anómalas de determinados compoñentes que orixinan modificacións importantes nas propiedades físicas, químicas e biolóxicas do solo.
Biodispoñibilidade
[editar | editar a fonte]Enténdese pola asimilación do contaminante polos organismos, e en consecuencia a posibilidade de causar algún efecto, negativo ou positivo.
Mobilidade
[editar | editar a fonte]Regularase a distribución do contaminante e polo tanto o seu posible transporte a outros sistemas.
Persistencia
[editar | editar a fonte]Regularase o período de actividade da substancia e polo tanto é outra medida da súa perigosidade.
Causas
[editar | editar a fonte]A maioría dos procesos de perda e degradación do solo son orixinados pola falta de planificación e o descoido dos seres humanos. As causas máis comúns de ditos procesos son:
Erosión
[editar | editar a fonte]A erosión corresponde ó arrastre das partículas e as formas de vida que conforman o solo por medio da auga (erosión hídrica) e o aire (erosión eólica). Xeralmente isto se produce pola intervención humana debido ás malas técnicas de rego (inundación, rego en pendente) e a extracción descoidada e en grandes cantidades da cuberta vexetal (sobrepastoreo, os cortes de árbores indiscriminados e queima de vexetación).
Contaminación
[editar | editar a fonte]A contaminación dos solos prodúcese pola depositación de substancias químicas e lixo. As primeiras poden ser de tipo industrial ou domésticas, xa sexa a través de residuos líquidos, como as augas servidas das vivendas, ou pola contaminación atmosférica, debido ó material articulado que logo cae sobre o solo.
Compactación
[editar | editar a fonte]A compactación é xerada polo paso de animais, persoas ou vehículos, o que fai desaparecer as pequenas cavernas ou poros onde existe abundante microfauna e microflora.
Expansión urbana
[editar | editar a fonte]O crecemento horizontal das cidades é un dos factores máis importantes na perda de solos. A construción en altura é unha das alternativas para reducir o dano.
Praguicidas
[editar | editar a fonte]A poboación mundial creceu moito nestes últimos 40 a 50 anos. Este aumento demográfico esixe ó home un gran desafío en relación cos recursos alimenticios, o cal implica unha utilización máis intensiva dos solos, co fin de obter un maior rendemento agrícola. A gran ameaza en agricultura son as pragas, e no intento por controlalas se empregan distintos produtos químicos. Son os chamados praguicidas, e que representan tamén o principal contaminante neste ámbito, xa que non só afecta ós solos, senón tamén, ademais de afectas á praga, incide sobre outras especies. Isto se traduce nun desequilibrio, e en contaminación dos alimentos e dos animais.
Insecticidas
[editar | editar a fonte]Úsase para exterminar pragas de insectos. Actúan sobre larvas, ovos ou insectos adultos. Un dos insecticidas máis usado é o DDT, que caracterízase por ser moi rápido. Traballa por contacto e é absorbido pola cutícula dos insectos, provocándolles a morte. Este insecticida pode manterse por 10 anos ou máis nos solos e non se descompón. Se demostrou que os insecticidas órgano clorados, coma é o caso do DDT, introdúcense nas cadeas alimenticias e concéntranse no tecido graxo dos animais. Canto máis alto encóntrense na cadea (máis lonxe dos vexetais), máis concentrado estará o insecticida.
Herbicidas
[editar | editar a fonte]Son un tipo de composto químico que destrúe a vexetación, xa que impiden o crecemento dos vexetais na súa etapa xuvenil ou ben exercen unha acción sobre o metabolismo dos vexetais adultos.
Funxicidas
[editar | editar a fonte]Son praguicidas que se usan para combater o desenvolvemento dos fungos (fitoparásitos). Conteñen xofre e cobre.
Actividade mineira
[editar | editar a fonte]A actividade mineira tamén contamina os solos, a través das augas. Deste modo, chegan ata eles certos elementos químicos como mercurio (Hg), cadmio (Cd), cobre (Cu), arsénico (As), chumbo (Pb) etcétera. Algúns dos seus efectos tóxicos son: alteración no sistema nervioso e do ril. Nos nenos, provoca diminución do coeficiente intelectual; nos adultos, altera o seu carácter, poñéndoos máis agresivos.
Outro caso é o arsénico que se orixina na industria mineira. A súa existencia é natural na II Rexión. Este mineral produce efectos tóxicos a nivel do pel, pulmóns, corazón e sistema nervioso.
Lixo
[editar | editar a fonte]A destrución e a deterioración do solo son moi frecuentes nas cidades e os seus arredores, pero se presentan en calquera parte onde se bote lixo ou substancias contaminantes ó solo, ó auga e ó aire. Cando amontoamos o lixo ó aire libre, esta permanece nun mesmo lugar durante moito tempo, parte do lixo orgánico (residuos de alimentos como cascas de froita, cachos de tortilla etc.) ferméntase, ademais de dar orixe ó mal cheiro e gases tóxicos, ó filtrarse a través do solo en especial cando este é permeable, (deixa pasar os líquidos), contamina con fungos, bacterias, e outros microorganismos patóxenos produtores de enfermidades), non só ese solo, senón tamén as augas superficiais e as subterráneas que están en contacto con el, interrompendo os ciclos bioxeoquímicos e contaminando as cadeas alimenticias.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]A presenza de contaminantes nun solo supón a existencia de potenciais efectos nocivos para o home, a fauna en xeral e a vexetación. Estes efectos tóxicos dependerán das características toxicolóxicas de cada contaminante e da concentración do mesmo. A enorme variedade de substancias contaminantes existentes implica un amplo espectro de afecciones toxicolóxicas. De forma xeral, a presenza de contaminantes no solo reflíctese de forma directa sobre a vexetación introducindo a súa degradación, a redución do número de especies presentes no solo, e máis frecuentemente a acumulación de contaminantes nas plantas, sen xerar danos notables nestas. No home, os efectos restrínxense á inxestión e contacto dérmico, que nalgúns casos desembocou en intoxicacións por metais pesados e máis facilmente por compostos orgánicos volátiles ou semivolátiles.
Nalgúns casos, prodúcese unha diminución da presenza das substancias químicas no estado favorables para a asimilación polas plantas. Así pois, ó modificarse o pH do solo, pasando de básico a ácido, o ion manganeso que está disolto no medio acuoso do solo se oxida, volvéndose insoluble e inmobilizándose.
Hai degradación paisaxística, pois a presenza de verteduras e acumulación de residuos en lugares non acondicionados, xeran unha perda de calidade da paisaxe, á que se engade nos casos máis graves a deterioración da vexetación, o abandono da actividade agropecuaria e a desaparición da fauna.
Perda de valor do solo, economicamente, e sen considera-los costos da recuperación dun solo, a presenza de contaminantes nunha área supón a desvalorización da mesma, derivada das restricións de usos que se impoñan a este solo, e por tanto, unha perda económica para os seus propietarios.
Tratamento e recuperación
[editar | editar a fonte]A descontaminación ou recuperación analízase empregando medicións a campo da química do solo, aplicando modelo de computadora para analizar transporte. Algunhas estratexias para a penetración agrícola:
- Escavar no solo e removelo a un sitio fora do contacto con ecosistemas sensibles e/ou humanos. Esta técnica aplícase ó dragado de cieno con esterco.
- Aeración do solo contaminado (atendendo ó risco de crear polución do aire).
- Biorremediación, con dixestión microbiana para certos contaminantes orgánicos. As técnicas empregadas en biorremediación inclúe agricultura, bioestimulación e bioaumentación da biota do solo bioloxía do solo con microflora dispoñible comercialmente.
- Extracción da auga freática ou de vapor do solo cun sistema activo electromecánico, coa subsecuente acumulación do contaminante do estrato.
- Concentrado dos contaminantes e enterrado o pavimento no lugar.