Conrado Paz
Conrado | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Conrado Paz Fernández | ||
Nacemento | 22 de abril de 1932 | ||
Lugar de nacemento | Ribadeo | ||
Falecemento | 14 de xaneiro de 2011 | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1950–1957 | Ribadeo | ||
1957–1961 | Deportivo Huracán | ||
Selección nacional | |||
1960–1961 | Cuba | 8 | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Conrado Paz Fernández, nado en Ribadeo o 22 de abril de 1932 e finado en Porto Rico o 14 de xaneiro de 2011, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección cubana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol na súa vila natal e xogou co primeiro equipo do Ribadeo FC dende 1950. Entre finais de 1955 e comezos de 1956 estivo a proba no Real Oviedo e no Deportivo da Coruña, pero continuou no equipo da Mariña ata 1957. [1][2][3]
En 1957 emigrou a Cuba, onde estaba a súa moza, Jesusa Gil, filla dun catalán e unha monfortina.[4] Na Habana traballou nunha compañía farmacéutica e xogou no Deportivo Huracán. En 1961 volveu con Jesusa a Ribadeo, e pouco despois instaláronse en Nova York, onde Conrado traballou nunha empresa de pintura e decoración. En 1966 mudáronse para San Xoán, en Porto Rico, montando alí unha panadería chamada La Paz e anos despois outra chamada La Coruña.[4]
Selección cubana
[editar | editar a fonte]Durante a súa estancia en Cuba foi convocado pola selección cubana, coa que disputou 8 encontros e á que representou nas Copas CCCF de 1960 e 1961.[5][6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1959 en Cuba con Jesusa Gil. En 1964 naceu en Nova York a súa primeira filla, Lizette, e en 1968 en Porto Rico o segundo, Ricardo.[4] Faleceu en Porto Rico o 14 de xaneiro de 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un jugador del Ribadeo al Oviedo". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de novembro de 1955. p. 6. Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ "Conrado ha sido reclamado por el R.D. La Coruña". El Progreso (en castelán). 11 de decembro de 1955. p. 4. Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ "Hidalgo regresa a Cataluña". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de febreiro de 1956. p. 4.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Fernández, Martín (2 de agosto de 2020). "Conrado y Basanta, dos futbolistas mariñanos en la Selección de Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ "Copa CCCF 1960". rsssf.com (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ "Copa CCCF 1961". rsssf.com (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2021.