Connellita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Connelita
Cristal de connelita mostrando a súa coloración azul e verde característica
Fórmula químicaCu_19Cl_4(SO_4)(OH)_32·3H_2O
ClaseSulfatos
SubclaseHaluros
Sistema cristalinoHexagonal
CorAzul a verde azulado
BrilloVítreo a sedoso
Dureza3 - 3.5 na escala de Mohs
FracturaConcoide a irregular
ExfoliaciónImperfecta
RaiaAzul claro
DensidadeAproximadamente 3.28 g/cm³

A connelita é unha especie mineral rara, un clorosulfato de cobre hidratado, de fórmula química Cu19(OH)32(SO4)Cl4·3H2O, que cristaliza no sistema hexagonal.

Preséntase como penachos de cristais aciculares moi delicados dunha fina cor azul, e asóciase a outros minerais de cobre de orixe secundaria, como a cuprita e a malaquita.

A súa aparición en Cornualla foi observada por Philip Rashleigh en 1802, e foi examinada quimicamente por primeira vez polo profesor de Edimburgo Arthur Connell en 1847, de quen recibe o nome.[1]

A localidade tipo é Wheal Providence en Carbis Bay en Cornualla.[2] Fóra de Cornualla atopáronse en máis de 300 lugares do mundo, incluíndo Almería, Badaxoz, Castelo Branco, Namaqualand en Suráfrica, Bisbee en Arizona (EUA) e Neuquén en Arxentina.[2]

Estrutura cristalina de Connellita: Código de cores: Cu: cobre, S: oliva, O: vermello, Cl: verde; Célula: maxenta

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.