Saltar ao contido

Cuprita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuprita
Fórmula químicaCu2O
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoCúbico
CorMarrón arrubiado, púrpura arrubiado, negro arrubiado
BrilloAdamantino de submetálico a brillante
Dureza3,5 a 4 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal en fragmentos pequenos
RaiaVermella pardusca
Densidade6,1 g/cm3

A cuprita é un mineral do grupo dos óxidos. Quimicamente é un óxido cuproso de cor vermella que adoita estar alterado superficialmente en malaquita verdosa. A variedade calcotriquita toma aspecto de agregado de cristais capilares alongados, semellante a unha cabeleira.

Foi descrita por primeira vez en 1845 e o seu nome provén do latín cuprum, polo seu alto contido en cobre, e calcotriquita do grego chalcotrichite, significando cobre melenudo.

Ambiente de formación

[editar | editar a fonte]

A cuprita é un mineral secundario, que se forma na zona de oxidación dos depósitos doutros minerais de cobre, polo que frecuentemente aparece asociado ao cobre nativo, azurita, crisocola, malaquita, tenorita e a unha gran variedade de minerais de óxido de ferro.

Localización

[editar | editar a fonte]

É un importante mineral extraído nas minas como mena do cobre. Áchase en moitas minas importantes por todo o mundo, xa que abunda en calquera sitio onde haxa minerais de cobre.

A pesar da súa bela cor, non se emprega na xoiería debido á súa baixa dureza e ao seu escaso tamaño. Aínda que en 1970 descubriuse un depósito en Suráfrica que sacudiu ao mundo xemolóxico ao producir cristais de gran tamaño e tallables, producindo pedras de máis dun quilate.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]