Saltar ao contido

Conceyu Xoven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Conceyu Xoven
Imaxe da bandeira
 Instancia de
Características
 Ideoloxía política
Datas
 Fundación / creación
1993 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2013 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d9_xv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Conceyu Xoven ("Concello Novo" en galego) foi unha organización xuvenil política de ideoloxía leonesista, activa entre 1993 e 2013. Estivo vencellada cos partidos rexionalistas Unión del Pueblo Leonés (UPL) en León e Zamora (ata 2010) e coa Unión del Pueblo Salmantino (UPS) en Salamanca.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Conceyu Xoven promovía a unidade territorial e política de tódolos territorios de cultura leonesa (o denominado País Llïonés), o autogoberno e a oficialidade da lingua leonesa neles.

Conceyu Xoven chegou a ter 1.500 membros e 20 comités ao longo da xeografía do País Leonés e obtivo a maioría de representantes estudantís na Xunta de Goberno da Universidade de León en 2002. Membros deste movemento teñen participado en varias eleccións nas provincias de León e Zamora dentro das listas do partido rexionalista UPL e na de Salamanca dentro das listas da UPS.

A bandeira do movemento é un campo vermello cun círculo dourado e un símbolo leonés tamén de ouro dentro del.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]