Comarca Guna Yala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización da comarca no Panamá
Bandeira de Guna Yala, adotada en 2010

Guna Yala[1] é unha comarca indíxena en Panamá, habitada pola etnia guna. Antigamente a comarca chamábase San Blas até 1998[2] e Kuna Yala até 2010. Os locais coñécena con varios nomes como: "Dulenega", "Yarsuid", "Duleyala". Posúe unha área de 2.393,10 km² e unha poboación de 32.446 habitantes (censo 2000). Esta comarca non posúe distritos, a diferenza das demais provincias panameñas. A súa capital é Gaigirgordub. Limita ao norte co mar Caribe, ao sur coa provincia de Darién e a comarca Emberá-Wounaan, ao leste con Colombia e ao oeste coa provincia de Colón.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A área foi formalmente coñecida como San Blas, xunto co nome autóctono de Kuna Yala, pero cambiouse en outubro de 2011 cando o Goberno de Panamá recoñeceu a afirmación do pobo guna que na súa lingua non existía o fonema para a letra "K", e que o nome oficial debería ser "Guna Yala".

Historia[editar | editar a fonte]

Mediante lei do 4 de xuño de 1870, de Colombia, foi creada a Comarca Tulenega,[3] que incluía ademais do actual territorio da Comarca Guna Yala, o de varias comunidades ds comarca de Wargandí, como Mortí, Asnadi e Sogubdi, así como tamén o de comunidades da comarca de Madugandí, como Tiuarsicuá, e as comunidades guna de Colombia, como Tanela e Arquía. A extensión territorial da Comarca Tulenega abarcaba desde a provincia de Colón chegando até o golfo de Urabá, Colombia. A xefatura de goberno da comarca era exercida por un comisario xeral, nomeado polo goberno central. A lei recoñecía ademais aos gunas a propiedade da terra na Comarca.

Tras a separación de Panamá en 1903, foi completamente descoñecida a Lei de 1870, e ademais, o territorio da anterior comarca, quedou dividido de feito, en dúas partes: a parte maioritaria quedou na nova nación panameña, mentres que unha pequena zona quedou en Colombia.

A suspensión da comarca, as concesións bananeiras, as incursións de persoas alleas ao pobo guna en busca de ouro, caucho, tartarugas mariñas e os abusos da policía colonial causaron grande descontento entre os nativos e provocaron, o 21 de febreiro de 1925, a Revolución guna, dirixida polo Cacique Olokintipipilele (Simral Colman) da Comunidade de Ailigandi, onde se xestou toda a revolución guna de 1925, tamén apoiado polo Saila Nele Kantule da localidade de Ustupu, quen foi o seu Secretario e Voceiro así mesmo o Saila Olonibiquinya de Carti. Os gunas armados, atacaron os policías nas illas de Tupile e Ukupseni, Tigre, Río Sidra, Nargana, Corazón de Jesús, Rio Azúcar e Carti xa que estes eran acusados de suprimir os costumes gunas e realizar abusos en varias comunidades. Nesta revolución guna proclamouse a efémera República de Tule, separándose do goberno central panameño durante uns días.

O tratado de paz posterior, estableceu o compromiso do goberno de Panamá de protexer os usos e costumes gunas. Os gunas á súa vez, aceptaban o desenvolvemento do sistema escolar oficial nas illas. A brigada policial sería expulsada do territorio indíxena e todos os prisioneiros liberados. As negociacións que puxeron fin ao conflito armado, constituíron un primeiro paso para establecer o status de autonomía dos guna e recuperar a cultura que se estaba perdendo.

Con base ao artigo 5° da Constitución de 1904, que permite que a lei cree divisións políticas con réximes especiais ou por razóns de conveniencia administrativa ou de servizo público, a lexislación sobre territorios indíxenas en Panamá comezou a ser definida co establecemento da Comarca de San Blas por medio da lei Nº 2 do 16 de setembro de 1938,[3] incluíndo áreas das provincias de Panamá e Colón, e logo, coa definición dos seus límites e administración mediante a Lei Nº 16 do 19 de febreiro de 1953.[3] O seu nome mudaría finalmente a Guna Yala mediante lei Nº 99 de 23 de decembro de 1998.[3]

Actualmente, de acordo co fallo da Corte Suprema de Xustiza, do 23 de marzo de 2001, as Comarcas teñen unha organización político-administrativa distinta e independente á dos Distritos e Correxementos. As Comarcas réxense de acordo ás institucións especiais propias; e segundo resolución da Sala Terceira da Corte Suprema de Xustiza, do 6 de decembro de 2000, unha das institucións é o consentimento dos pobos indíxenas nos proxectos que pretendan desenvolverse nos seus territorios.

Comunidades de Kuna Yala[editar | editar a fonte]

Unha das illas de Guna Yala
Illa Perro, Comarca Guna Yala.

Guna Yala non ten distritos, pero si catro correxementos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Congreso Xeral Guna decidiu suprimir as letras P, T, K do seu alfabeto, sendo esta última substituída pola letra G. Boletín Informativo do Congreso Nacional Guna, Decembro de 2010, consultado o 15 de novembro de 2011. Arquivo: [1]
  2. Lei 99 do 23 de decembro de 1998. Gaceta Oficial de Panamá.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Valiente López, Aresio (2008). La jurisdicción indígena en la legislación panameña (PDF). Biblioteca Jurídica Virtual del Instituto de Investigaciones Jurídicas de la UNAM. p. 211 (9 do pdf). Consultado o 15 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]