República de Tule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Tule

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 9°17′46″N 78°20′39″O / 9.296111, -78.344167Coordenadas: 9°17′46″N 78°20′39″O / 9.296111, -78.344167
Poboación
Lingua oficialLingua guna Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1925 Editar o valor em Wikidata
Disolución1925 Editar o valor em Wikidata

A República de Tule foi un estado indíxena efémero que se independizou de Panamá trala revolución guna en 1925. A república foi proclamada o 12 de febreiro de 1925 e foi disolta o 4 de marzo de 1925, logo do Tratado do Porvir, sendo o cal os gunas depuxeron as armas, revogaron a declaración de independencia e obtiveron o compromiso do goberno panameño de que os seus costumes e autonomía serían respectados. En 1938 creouse a comarca de San Blas,[1] que logo sería reorganizada como Guna Yala,[2] unha comarca indíxena estabelecendo aos gunas como un pobo.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Os gunas mantiveron certa autonomía cando Panamá formaba parte de Colombia. O 4 de xuño de 1870, creouse a comarca Tulenega[4] que abranguía a actual comarca de Guna Yala e outras vilas en Colombia. Porén, coa separación de Panamá de Colombia en 1903, o novo goberno panameño revogou a autonomía guna.[5] Ademais, as autoridades panameñas buscaban unha maneira de "occidentalizar" pola forza os indíxenas, sobre todo as mulleres.

O 20 de abril de 1921, houbo unha xornada de occidentalización de mulleres gunas por parte da policía colonial (non indíxenas), mais unha muller escapou e recibiu a protección do líder indíxena (sáhila), provocando unha loita entre indíxenas e policías, que causou mortes en ámbolos dous bandos.[6][2] A tensión entre os indíxenas aumentou contra o mes de xaneiro de 1925, momento no que as autoridades panameñas percibiron que se estaba a xestar un movemento independentista co apoio dos estadounidenses Anne Coope e o explorador Richard Oglesby Marsh.

Proclamación[editar | editar a fonte]

O 12 de febreiro de 1925, celebrouse en Ailigandí un congreso con xefes gunas e decidiron proclamar a República de Tule, fixándose os límites territoriais.

Posteriormente, o 21 de febreiro deuse inicio á revolución guna que durou até o 27 de febreiro, onde os indíxenas atacaron varios postos policiais coloniais, causando 27 mortos.

Tratado de Porvir[editar | editar a fonte]

O 4 de marzo de 1925, os indíxenas gunas asinaron un acordo de paz co goberno panameño en presenza do ministro de EE. UU. John G. South. En virtude de devandito tratado, o goberno central comprometeuse a respectar os costumes e a manter cos gunas os mesmos dereitos que gozaba o resto dos cidadáns do país.

En contrapartida, os gunas depuñan as armas, revogaban a súa declaración de independencia e comprometíanse a respectar as leis de Panamá.

Bandeira[editar | editar a fonte]

Bandeira da revolución guna e do efémero estado da República de Tule.

Foi confeccionada por Waga Ebinkili (María Colman), neta do cacique Simral Colman. Ten un deseño rectangular con franxas horizontais. O centro é de cor amarela, cunha figura esvástica, con rotación levóxira. Este símbolo representa un polbo, que segundo a tradición local, creou o mundo.[7] Esta bandeira, que ten unha gran similitude coa bandeira de España e a bandeira nazi, séguese utilizando hoxe día nos territorios gunas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lei 99 do 23 de decembro de 1998. Gaceta Oficial de Panamá.
  2. 2,0 2,1 "A 90 años de la revolución guna". La Estrella de Panamá. 25 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2017. 
  3. O Congreso Xeral Guna decidiu suprimir as letras P, T, K do seu alfabeto, sendo esta última substituída pola letra G. Boletín Informativo del Congreso Nacional Guna, decembro de 2010, consultado o 15 de novembro de 2011. Arquivo: [1]
  4. Valiente López, Aresio (2008). La jurisdicción indígena en la legislación panameña (PDF). Biblioteca Jurídica Virtual del Instituto de Investigaciones Jurídicas de la UNAM. p. 211 (9 do pdf). Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  5. Historia de Guna Yala (en castelán)
  6. "La revolución de los gunas". La Prensa (Panamá). 25 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de abril de 2017. 
  7. Flags of the World: Panama - Native Peoples.