Comar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′52.6″N 8°25′12.6″O / 43.347944, -8.420167

Grupo Comar

Sede de Comar na Grela.
TipoSociedade Anónima
Fundación1984
MatrizGrupo de Empresas COMAR
LocalizaciónAvenida de Enrique Salgado Torres 11, 15008 A Coruña Galicia Galicia
FundadorJosé Collazo Mato
Persoas claveJosé Collazo Mato (presidente)
Industriaxogos de azar, máquinas recreativas, lecer, turismo
ProdutosCasinos, bingos, hoteis, aparcadoiros, centros comerciais
Beneficio107,7 millóns de euros (en 2016)[1]
Beneficio neto973.453 euros (en 2016)
Número de empregados1 000 directos e 200 indirectos (en 2016)
Na rede
http://www.grupocomar.com/
editar datos en Wikidata ]

O Grupo Comar é un conglomerado galego de máis de 60 empresas, coñecido principalmente por se dedicar aos xogos de azar. Foi fundado en 1984 por José Collazo Mato e ten a súa sede na cidade da Coruña.

Historia e descrición[editar | editar a fonte]

O grupo está formado por máis de 60 empresas, con 29 casinos en España, República Checa e República Dominicana. En 2010 explotaba unhas 6.165 máquinas recreativas e de azar en Galiza, Asturias, Castela e León e Madrid.[2]

Posúe seis salóns de bingo repartidos entre as cidades da Coruña, Ferrol, Vigo e Salamanca.

Comar ten ademais intereses no sector turístico, hoteleiro, aparcadoiros, empresas de seguridade privada e promotoras inmobiliarias. Na Coruña a Sociedad de Fomento y Desarrollo Turístico, que forma parte do grupo, xestiona establecementos emblemáticos como o Casino Atlántico, o Palacio da Ópera, o centro comercial Los Cantones Village ou o PALEXCO[3].

Outra compañía do grupo, Promotora de Viviendas Urbanas, foi accionista de Invest Cos, sociedade que promoveu a construción do centro comercial Marineda City.[4]

Fachada de Palexco
O Palacio da Ópera e o seu aparcadoiro son xestionados polo Grupo Comar.

Aparcadoiros[editar | editar a fonte]

Hoteis[editar | editar a fonte]

  • Hotel Casino del Tormes (Salamanca)
  • Hotel President (Praga)

Casinos do Grupo Comar en España[editar | editar a fonte]

En 2012, ante unha difícil situación financeira, vendeu o Casino Marítimo de Menorca.[5]

Negocios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Collazo vuelve a la realidad: los beneficios de Comar se desploman galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2018. Consultado o 04 de febreiro de 2018.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  2. Julián Rodríguez e María Fernández (2010-07-25). "Egasa desbanca al grupo Comar como líder gallego del juego privado". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-04-30. 
  3. Villar, M. "Palexco, Ópera y Cantones esperan subir ingresos un 11%". Consultado o 2017-04-30. 
  4. La Opinión de A Coruña. "La inmobiliaria de Collazo Mato perdió nueve millones de euros antes de vender Marineda". Consultado o 2017-04-30. 
  5. Rubén Rodríguez e Cristina Díez. "Comar se aferra al nuevo casino para capear las pérdidas del resto". cerodosbe.com. Consultado o 2017-04-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]