Saltar ao contido

Comadres das Letras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comadres das Letras
Tipoorganización
Data de fundación2022
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
As Comadres das Letras por Marísa de Corme (abril 2023, Santiago, Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega)
As Comadres das Letras por Marísa de Corme (abril de 2023, Santiago de Compostela)
O libro colectivo das Comadres das Letras, á venda
Exemplares de Contármonos á venda na SELIC

Comadres das Letras é un colectivo de escrita feita por mulleres en clave feminista, que xorde no 2022 en Santiago de Compostela. O grupo constitúese ao abeiro de dous obradoiros literarios dirixidos por Eli Ríos e organizados pola AELG en colaboración co concello de Santiago.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Tanto o primeiro deles ("As mulleres na literatura do cotián"), que se desenvolveu no outono do 2021, como o segundo ("As mulleres no metaverso da literatura"), que tivo lugar un ano despois, utilizaron como espazo de encontro a casa de Jimena e Elisa Fernández de la Vega, en Casas Reais.

Na actualidade as Comadres das Letras continúan coa súa actividade en Lila de Lilith, Libraría de Mulleres.

Este colectivo propúxolle á RAG unha ampliación da definición de 'comadre'[2] no seu dicionario, reivindicando que máis aló das acepcións recollidas (parentesco en relación co amadriñamento de descendentes), 'comadre' era unha denominación popular para as parteiras e emprégase con frecuencia en toda a xeografía galega en referencia á rede de apoio que se establece entre mulleres.

Malia que non se incorporara aínda este significado no dicionario, esta foi a definición[3] empregada no Portal das Palabras á hora das votacións para establecer o termo máis significativo do ano. Grazas á proposta deste grupo de mulleres,[4] á súa difusión masiva na rede e aos numerosos apoios recibidos, "comadre" foi elixida palabra do ano.[5]

En 2022, as Comadres das Letras contribuíron á web Compostela Literaria con varias microficcións[6] ambientadas nesta cidade que pertence á súa rede de afectos.

En xuño de 2023, presentaron na SELIC[7] o seu libro[8] colectivo Contármonos,[9] editado por Alvarellos.

A publicación desta obra e a súa participación en varios recitais dende maio do 2023 quedaron rexistradas en dúas entrevistas radiofónicas, unha en Hoy por hoy Santiago da Cadena Ser (o 17 de xullo) e outra no Diario cultural da Radio Galega (o18 de xullo).

As Comadres das Letras participaron na homenaxe a Aurora Marco organizada por A Sega en Ribeira, o 15 de agosto do 2023 para conmemorar o X Día das Galegas nas Letras, dedicado a esta investigadora.

A presentación de Contármonos na Coruña tivo lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en outubro de 2023 e tivo como presentadora a Beatriz Maceda[10].

Ademais de continuar coas presentacións do libro e os recitais, este colectivo formou parte da programación de actividades en relación coa conmemoración do 25N no IES O Carril e mantivo en xaneiro de 2024 un encontro coas persoas participantes na aula de adultos da biblioteca Ánxel Casal.

En marzo de 2024 a RAG deu resposta á demanda das Comadres das Letras ao incorporar no seu dicionario unha terceira acepción do termo comadre que vai máis aló do feito mesmo do amadriñamento de nenos, pois atende á relación de confianza e apoio mutuo entre mulleres.[11]

Participaron coa ponencia "Acercamiento al feminismo desde la literatura" nas IV Jornadas Aprendiendo feminismo: Despatriarcalizando la sociedad[12], organizadas por la UNED y celebradas en Lugo a principios de abril de 2024.

Este colectivo foi finalista na modalidade de Promoción da Lectura nos Premios Follas Novas 2023.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Algunhas Comadres das Letras na Gala Follas Novas
Parte das integrantes das Comadres das Letras na Gala Follas Novas, por Xaime Cortizo (maio 2024)

Forman parte do colectivo Ana Lorenzo, Beatriz Guerra, Carmen Villar,[13] Chus Prol,[14] Eva Teixeiro,[15][16] Flora Miranda,[17] Isabel Cribeiro, Lorena Gómez Calvo, Marga C. Castro, María Álvarez Landesa,[18][19] Marta Abal Vaquero, M. C. García[20], Monti e Nela Valado; Marisa de Corme, Ana Barja e Xulia Crego.

Notas1[editar | editar a fonte]

  1. "Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria As mulleres no metaverso da literatura, con Eli Ríos, en Compostela". AELG. Consultado o 2023-02-24. 
  2. González, Montse (2022-12-17). "Vai de comadres". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-09. 
  3. "Estas son as seis candidatas a ser 'A Palabra do Ano 2022'". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-03-19. 
  4. Álvarez Landesa, María (2022-12-16). "Comadre: unha palabra para contarnos". Praza.gal. Consultado o 2023-03-09. 
  5. "Comadre, Palabra do Ano 2022". Portal das Palabras. 27 de decembro de 2022. 
  6. "Microficcións". Compostela Literaria. 
  7. "SELIC. FESTIVAL DA LECTURA 2023 | Compostela Cultura". www.compostelacultura.gal. Consultado o 2023-06-30. 
  8. Mato, Mar (2023-06-15). "As Comadres das Letras publican libro". Faro de Vigo. Consultado o 2023-06-30. 
  9. "Contármonos". Alvarellos Editora. Consultado o 2023-06-30. 
  10. O blog da AELG (2023-11-20). "'"Contármonos", na Coruña', por Beatriz Maceda Abeleira". Nós Diario. Consultado o 2023-12-27. 
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comadre.
  12. "As Comadres das Letras participan nun encontro feminista organizado pola UNED en Lugo". Cadena Ser, Radio Lugo, Hoy por hoy. Consultado o 10/4/2024. 
  13. Villar, Carmen (2022-12-29). "Comadres que topei sachando letras". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-09. 
  14. SER, Cadena. "Hoy por Hoy Santiago, 12:27 - 17/07/2023 | Radio Galicia". cadena SER (en gal). Consultado o 2023-07-18. 
  15. González, Montse (2022-12-28). "Comadre, elixida a Palabra do Ano 2022". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-09. 
  16. "Diario Cultural do día 18/07/2023 | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-18. 
  17. "Flora Miranda: "Comadre simboliza afecto entre mulleres, sororidade e camaradaría"". Nós Diario. 2023-01-11. Consultado o 2023-03-09. 
  18. "La Ventana de Galicia, 19:20 - 28/12/2022 | Radio Galicia". Cadena SER (en gal). Consultado o 2023-03-09. 
  19. "A palabra do Ano 2022 é "comadre" | Onda Cero Radio". Onda Cero (en gal). 2022-12-29. Consultado o 2023-03-09. 
  20. "https://twitter.com/diariocultural_/status/1713958859864187380?s=48&t=LwlYCcE3k7hASIUAWpJFXQ". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-10-21.  Ligazón externa en |title= (Axuda)