Columbano Bordalo Pinheiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Columbano Bordalo Pinheiro
Columbano Bordalo Pinheiro 007.jpg
Nacemento21 de novembro de 1857
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento6 de novembro de 1929
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal e Reino de Portugal
Ocupaciónpintor
PaiManuel Maria Bordalo Pinheiro
IrmánsRafael Bordalo Pinheiro e Maria Augusta de Prostes Bordalo Pinheiro
Coñecido porsen etiquetar
PremiosGran oficial da Orde militar de Santiago da Espada e Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
Na rede
WikiTree: Bordalo_Pinheiro-1 Find a Grave: 238877850 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Borges Carneiro, por Columbano

Columbano Bordalo Pinheiro (Lisboa, 21 de novembro de 1857Lisboa, 6 de novembro de 1929). Pintor naturalista e realista portugués.

Fillo do pintor e escultor Manuel Maria Bordalo Pinheiro, iniciou a súa formación na Academia de Belas-Artes de Lisboa, onde foi alumno de Simões de Almeida, un afamado escultor do romanticismo portugués.

Anos despois de completar a súa formación, mudouse a París, beneficiando dunha bolsa de estudo, custeada polo rei consorte D. Fernando II, xa viúvo da raíña D. Maria II. En París, recibiu a influencia de pintores como Manet e Edgar Degas, sendo esta notable na súa obra.

Na "cidade da luz", espuxo por primeira vez en 1882, no famoso "Salon de Paris". Nesta exposición presentou ao público, o cadro Soirée chez Lui, sendo este aclamado pola difícil crítica de artes parisiense.

De volta a Portugal, xuntouse ao "Grupo de Leão", o cal tentaba renovar a estética das composicións da arte do país. Deste período destacan os retratos de Ramalho Ortigão, Teófilo Braga, Eça de Queirós e Antero de Quental, pintados por el. Alén disto, pintou os paneis que se atopaban na sala de recepcións do Palácio de São Bento, os Painéis dos Passos Perdidos.

En 1901, converteuse en profesor de pintura histórica na Academia de Belas-Artes de Lisboa, onde se formara na súa xuventude e, en 1914, foi nomeado polo novo réxime republicano, recentemente instaurado, para director do acabado de crear Museo Nacional de Arte Contemporánea (1911), sucedendo a Carlos Reis.