Saltar ao contido

Palácio de São Bento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palácio de São Bento
Estrela Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Composto por
Características
 Estilo
Implicados
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
1938 Editar o valor en Wikidata
Historia
1598comezo da construción Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Patrimonio
Monumento Nacional de Portugal
Identificador70140
Códigos e identificadores
OpenStreetMap6456903 Editar o valor en Wikidata
VIAF3146095225500370850 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07wfv1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O Palácio de São Bento, é un edificio de estilo neoclásico situado en Lisboa. É a sede do Parlamento Portugués dende a prohibición das ordes relixiosas en 1834.

Foi construído a finais do século XVI como mosteiro beneditino (Mosteiro de S. Bento da Saúde).[1] Ao longo dos séculos XIX e XX sufriu unha serie de remodelacións interiores e exteriores ata convertelo practicamente nun novo edificio. O interior está repleto de obras de arte de distintas épocas da historia de Portugal.

Segundo a denominación oficial do parlamento, o edificio tivo varias denominacións: Palácio das Cortes, Palácio do Congresso e Palácio da Assembleia Nacional.[1] Actualmente adoptouse o nome de Palácio de S. Bento en memoria do antigo convento.

O palacio está clasificado como Monumento Nacional desde 2002.

Interior do Palácio de São Bento.

Na parte traseira do edificio principal, nos terreos do antigo mosteiro, sitúase un palacete mandado a construír por Joaquim Machado Cayres para habitar nel. Durante o Estado Novo, en 1937 o palacete foi adquirido polo Estado a través da expropiación, para instalar nel a residencia oficial do presidente do Consello de Ministros. Actualmente, este palacete segue sendo a residencia oficial do Primeiro Ministro.

  1. 1 2 Direçao Geral do Patrimonio Nacional (ed.). "Palácio de São Bento, escadaria exterior e jardim confinante com a residência do Primeiro-Ministro". www.patrimoniocultural.gov.pt (en portugués). Consultado o 23 de maio de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]