Claudio Eliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claudio Eliano
Nome completoΚλαύδιος Αἰλιανός
Nacementoséculo II
Lugar de nacementoPalestrina
Falecemento235
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, orador, historiador, zoólogo, mestre e poeta
Coñecido porVaria Historia e De Natura Animalium
editar datos en Wikidata ]

Claudio Eliano (en latín Claudius Ælianus, en grego antigo Κλαύδιος Αἰλιανός) foi un escritor e compilador romano nado en Praeneste en 175 e finado arredor do 235[1]. Escribiu en grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou retórica co sofista Pausanias[2] e foi un admirador de Herodes Ático. Morreu solteiro sen descendencia.

Obras[editar | editar a fonte]

As obras de Eliano, escritas en grego antigo, son recompilacións doutras obras da literatura ática clásica. Consérvanse tres escritos.

  • "Historia Varia" (Ποικίλη ἱστορία - Historia Varia ): 14 libros con miscelánea anecdótica sobre a natureza e sobre homes e pobos notábeis. O manuscrito máis antigo data do século X e está no Codex Ambrosianus.
  • "Sobre a natureza dos animais" (Περὶ ζῴων ἰδιότητος - De natura animalium ): 17 libros, dos que só quedan fragmentos, unha recompilación de historias e lendas sobre animais. O manuscrito máis antigo data do século X (Codex Parisinus).
  • "Cartas Rústicas" (Ἐπιστολαὶ ἀγροικικαί - Epistulae rusticae ), unha colección de 20 cartas de temática predominantemente erótica, cuxa autenticidade é dubidosa, tamén no Codex Ambrosianus.

Outras obras coñécense só polo seu título ou algúns escasos fragmentos: Sobre a arte adivinatoria (Περὶ προνοίας), sobre a actividade directiva dos deuses (Περὶ θείων ἐναργειῶν) e unha acusación contra un home efeminado que podería pensarse que era contra o emperador Heliogábalo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Aelianus» in: Bibliotheca Augusta, Universidade de Augsburg
  2. Albrecht Dihle, Die griechische und lateinische Literatur der Kaiserzeit. (en alemán), Editorial C.H.Beck, 1989, páxina 245, ISBN 9783406337949 (en galego: A literatura grega e latina no tempo dos emperadores)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]