Claudia López Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claudia López Hernández
Claudia López.png
Nacemento9 de marzo de 1970
Lugar de nacementoBogotá
NacionalidadeColombia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Externado de Colombia, Universidade de Columbia, School of International and Public Affairs, Columbia University e Universidade Northwestern
Ocupaciónpolítica, alcaldesa e ecoloxista
Premios100 Mulleres da BBC
Na rede
https://www.claudia-lopez.com/
Facebook: ClaudiaLopezCL Twitter: ClaudiaLopez Instagram: claudialopezcl Youtube: UCdkN4yBvGeOGDLuaaA3wiCg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Claudia Nayibe López Hernández, nada en Bogotá o 9 de marzo de 1970, é unha política colombiana, politicóloga de profesión e actual alcaldesa electa de Bogotá,[1] sendo a primeira muller electa como alcaldesa na historia da cidade. Foi senadora da República pola partido Alianza Verde e candidata á vicepresidencia na candidatura de Sergio Fajardo apoiada pola Coalición Colombia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É a filla máis vella de Reyes Elías López Ruizes e María del Carmen Hernández, que tiveron outros seis fillos. Graduouse en Finanzas, Goberno e Relacións Internacionais pola Universidade Externado de Colombia. Ten unha mestría en Administración Pública e Política Urbana na Universidade de Columbia, de Nova York, e un doutoramento en Ciencia Política da Northwestern University.

A súa aparición na vida pública está ligada ao movemento estudantil da Sétima papeleta, que entre 1989 e 1990 foi o cal deu impulso á Asemblea Nacional Constituínte de 1991.

Foi consultora das Nacións Unidas, colaborou con varios medios de comunicación do país como o programa Hora 20 de Caracol Radio, o portal La Silla Vacía, o xornal El Tiempo e a revista Semana.

Como investigadora para a Corporación Arcoiris e a Misión de Observación Electoral salientou polos seus traballos sobre as votacións atípicas. Estes foron o seu punto de partida para destapar o escándalo da parapolítica. As súas investigacións aclararon condenas sobre máis de 40 representantes públicos por nexos con parapolítica, con críticas ó goberno do expresidente e agora senador investigado Álvaro Uribe e os seus aliados políticos. Causou polémica o seu despedimento público de El Tiempo en outubro de 2009 debido a unha columna na que fixo unha análise crítico dese medio.[2]

Antanas Mockus e López en 2018 anunciado que votarían por Gustavo Petro para a segunda volta Presidencial.[3]

Foi secretaria de Acción comunal de Bogotá e alcaldesa encargada de Santa Fe durante a primeira alcaldía de Enrique Peñalosa.

En 2014, chegou ó Senado con 81.125 votos como candidata da partido Alianza Verde.[4]

O 27 de decembro de 2016, anunciou a súa candidatura nas eleccións presidenciais de 2018, sendo así a primeira precandidata do Partido Alianza Verde.[5][6]

O mesmo ano, facendo parte da Coalición Colombia, integrada polo Polo Democrático, Compromiso Cidadán e Partido Alianza Verde resultou fórmula Vicepresidencial de Sergio Fajardo logrando o terceiro lugar na primeira volta. Na segunda volta apoiou a Gustavo Petro.[3]

En 2018, para frear a corrupción política, promoveu unha consulta nacional que estivo preto de ser aprobada.[7][8][9]

Alcaldesa de Bogotá[editar | editar a fonte]

O 27 de outubro de 2019 gañou as eleccións locais de Bogotá con 1.108.541 votos, converténdose en alcaldesa da cidade.[1] Desta maneira, converteuse na primeira alcaldesa electa muller da cidade e a primeira alcaldesa abertamente LGBT dunha capital de América.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Claudia López, primera alcaldesa electa en la historia de Bogotá". 2019-10-27. Consultado o 2019-10-27. 
  2. "Claudia López Investigadora". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Claudia López y Antanas Mockus anuncian que votarán por Gustavo Petro". El Tiempo. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  4. "Asi quedó conformado en Senado y Cámara". Semana. 9 de marzo de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  5. "Claudia López se lanza como candidata presidencial en el 2018". Publimetro. 27 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  6. "Claudia López, primera precandidata presidencial de la Alianza Verde". Semana. 27 de decembro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  7. "Bogotá: candidatura única de centro izquierda pasa por el metro". Consultado o 29 de maio de 2019. 
  8. "A un paso de ser aprobado proyecto que desarrolla la Consulta Anticorrupción". 20 de maio de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  9. "Ángela Robledo: un chance para el petrismo y un reto para Claudia López". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  10. Betín, Tomás (27 de outubro de 2019). "Bogotá elige la primera alcaldesa Lgbt de una capital de América". El Heraldo (Elheraldo.co). Consultado o 28 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]