Antanas Mockus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntanas Mockus

(2012) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Aurelijus Rutenis Antanas Mockus Šivickas Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
794º Alcalde de Bogotá
1 de xaneiro de 2001 – 31 de decembro de 2003
← Enrique PeñalosaLuis Eduardo Garzón (en) Traducir →
Alcalde de Bogotá
1 de xaneiro de 1995 – 10 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Colombia
Universidade de París
Universidade de Borgoña
Liceo Francés de Bogotá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático , xornalista , profesor universitario , filósofo , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGreen Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua lituana Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiNijolė Šivickas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: a.mockus Twitter: AntanasMockus Editar o valor em Wikidata

Aurelijus Rutenis Antanas Mockus Šivickas, nado en Bogotá o 25 de marzo de 1952, é un político, filósofo e matemático colombiano, de orixe lituana. Posúe o mestrado en Filosofía (Universidade Nacional de Colombia), licenciado en Matemáticas e Filosofía (Universidade de Dijón - Francia), doutor honoris causa (Universidade de París XIII, Francia) e da Universidade Nacional de Colombia, e bacharel do Liceo Francés Louis Pasteur. Foi alcalde de Bogotá en dúas ocasións e aspirou ao cargo de presidente da República.

Dende setembro de 2009, Mockus adheriuse ao Partido Verde colombiano xunto cos tamén exalcaldes de Bogotá Luís Eduardo Garzón e Enrique Peñalosa. O 14 de marzo de 2010 foi elixido mediante consulta popular como o candidato oficial do devandito partido político ás eleccións presidenciais de Colombia de 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfonsas Mockus e a escultora e ceramista Nijole Šivickas de Mockus, inmigrantes de orixe lituana,[1] é considerado na súa infancia como un neno xenio xa que aprende a ler aos dous anos de idade e gradúase con honras no Liceo Francés de Bogotá en 1969. Estuda matemáticas e filosofía en Dijon (Francia) en 1972.[2]

Realizou un mestrado en matemáticas pola Universidade de Dijon, Francia, en 1972.[3] En 1975, é nomeado instrutor asistente adscrito ó departamento de matemáticas na facultade de ciencias da Universidade Nacional de Colombia.[4] Entre 1977 e 1981 é instrutor asociado e entre 1982 e 1988 é profesor asistente na Universidade Nacional de Colombia.[3]

Entre 1980 e 1988 foi membro e director do grupo de investigación Federici que traballou no eido do ensino das ciencias na Universidade Nacional de Colombia.[3] En 1988, realizou un mestrado en Filosofía na Universidade Nacional de Colombia escribindo unha tese sobre a noción de representación na comprensión previa do ser como dispoñibilidade.[5] É nomeado reitor xeral da Universidade Nacional en 1991,[6] logo de ter sido vicerreitor académico da Universidade. Ese mesmo ano foi un dos membros fundadores da sociedade Colombiana de epistemoloxía.[7] Durante a súa administración, faise notorio por diversas excentricidades e accións polémicas como ir ó seu despacho en bicicleta, o incidente onde foi acusado de coller os seus xenitais fronte a unha multitude,[8] ou o episodio de baixarse os pantalóns no auditorio León de Greiff da Universidade Nacional, para ensinar o seu cu a un grupo de máis de 1 000 estudantes manifestantes que lle impedían facer unha alocución.[9] Logo deste acto, renunciou ó cargo de reitor. Logo de postularse sen éxito para exercer o cargo no período seguinte, presentouse como candidato independente á Alcaldía de Bogotá aconsellado polo daquela congresista Gustavo Petro.[9] Cunha campaña atípica e sen publicidade, fundada polo contrario na doutrina da cultura cidadá, derrotou ó seu principal opositor Enrique Peñalosa.

Vida política[editar | editar a fonte]

Alcalde de Bogotá (1995-1998)[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1995 inicia o seu primeiro período como alcalde. Conformou o seu goberno colocando académicos e non políticos nos cargos máis relevantes da administración.

Consolidou o saneamento das finanzas dos distritos iniciado durante a alcaldía de Jaime Castro buscando recursos antes de comprometerse en obras. Do mesmo xeito que o seu antecesor, tomou moitas medidas impopulares como a taxa á gasolina que lle valeron a distinción como un dos impulsores da nova Bogotá. Conseguiu reducir as mortes violentas prohibindo o uso de artefactos pirotécnicos por particulares e sobre todo implantando a súa máis popular medida, a hora cenoria.

Pero foi coa campaña de aforro voluntario de auga, onde mellor demostrou a eficacia dos seus métodos pedagóxicos aplicados a escala de masas.

Durante a súa vida como alcalde non deixou de sorprender con aparicións excéntricas, como a súa voda nun circo cunha asistente social, levando traxes fabricados en fique e montado nun elefante. Estas aparicións tamén se deron antes da súa alcaldía como cando utilizou traxes de superheroe e mesmo chegou a improvisar cancións de rap.

Aspiración presidencial de 1998[editar | editar a fonte]

Renuncia ao seu cargo a principios de 1997 (sendo sucedido polo Director do Instituto de Cultura e Turismo desa época, o físico Paul Bromberg), para poder lanzarse ás eleccións presidenciais de 1998. Busca novas maneiras para subsistir, dá conferencias remuneradas e traballa como reporteiro nun telexornal. Nun principio preséntase como candidato a presidente, pero logo acepta ser candidato á vicepresidencia en complemento de Noemí Sanín, representante da clase política tradicional. Durante a campaña presidencial volvería protagonizar feitos escandalosos como o de guindar auga á cara do candidato Horacio Serpa durante un debate para exemplificar un dos seus métodos pedagóxicos.

Alcalde de Bogotá (2001-2004)[editar | editar a fonte]

Para o ano 2000, volve á escena política como candidato a unha segunda elección para alcalde de Bogotá, tendo que pedir perdón ao electorado da capital por abandonar o cargo na súa anterior administración; en poucos meses convértese no único rival da exministra María Emma Mejía, a quen remata derrotando por máis de 100 000 votos.

Un segundo mandato (xaneiro de 2001 - decembro de 2003) permítelle recuperar a imaxe de político independente e eficiente ante a opinión pública e impúlsao a buscar a presidencia da República.

Continuou desenvolvendo e ensanchando o sistema Transmilenio de transporte por medio de buses articulados de Bogotá que foi posto en funcionamento por Enrique Peñalosa.

Aspiracións presidenciais e parlamentarias de 2006[editar | editar a fonte]

Presenta o seu movemento "Visionarios con Antanas" para as eleccións parlamentarias de marzo de 2006, pero é derrotado e non obtén ningún escano, nin no Senado nin na Cámara de Representantes. Malia iso, continúa en campaña presidencial, co partido da Alianza Social Indíxena.

Nas eleccións presidenciais do 28 de maio de 2006 resulta cuarto.[10] Algúns especialistas afirmaron que a súa derrota se debeu en parte a un ambiente de polarización, no cal, ou se estaba ao lado do goberno (Álvaro Uribe Vélez, presidente que aspiraba á reelección), ou se estaba en contra deste (Carlos Gaviria Díaz, Horacio Serpa); ao resultar as ideas de Antanas un enfoque diferente, máis complexo e non reducible a dereita, centro ou esquerda, a súa proposta viuse relegada nos comicios, foi antecedido neles por: Álvaro Uribe Vélez en primeiro lugar, Carlos Gaviria Díaz en segundo e Horacio Serpa Uribe en terceiro.

Despois disto dedícase a estruturar o proxecto dos Visionarios da man dos indíxenas, coa intención de gañar adeptos alén de Bogotá para aumentar o que el cualifica como unha minoría -estraña pero valiosa- (referíndose a aqueles que votaron por el), xa que segundo di, esta deixouse seducir sen as ferramentas da política tradicional (sen publicidade, nin politiqueo, nin promesas populistas). En 2007 para as eleccións rexionais promove a campaña Voto Vital que buscaba concienciar os votantes da importancia de pensar o seu voto.

Candidato presidencial polo Partido Verde en 2010[editar | editar a fonte]

Antanas Mockus e Sergio Fajardo

Dende setembro de 2009, Mockus adheriuse ao Partido Verde colombiano xunto cos tamén exalcaldes de Bogotá Luís Eduardo Garzón e Enrique Peñalosa. Para escoller o seu candidato á presidencia, presentáronse os tres exalcaldes para realizar unha consulta popular, que se efectuaría durante as eleccións lexislativas de 2010, data na que tamén resultarían electos algúns senadores e representantes á cámara do mesmo partido.[11] Mockus resultou gañador da elección primaria levada a cabo o 14 de marzo de 2010, deixando no segundo lugar a Peñalosa e no terceiro posto a "Lucho" Garzón.[12]

Nos primeiros días de abril de 2010 existiu un achegamento entre Mockus e Sergio Fajardo co fin de unificar as súas propostas políticas para que Fajardo fose a fórmula vicepresidencial de Mockus. Este último retirouse da contenda electoral da que xa era candidato presidencial para pasar a ser o vicepresidente na candidatura de Antanas Mockus polo Partido Verde. As principais razóns polas que aceptou o acordo programático foi pola falta de recursos para financiar a campaña e a compatibilidade das súas propostas coas de Mockus.[13][14] Porén, a alianza só se consolidou o 12 de abril de 2010 por petición do propio Fajardo.[15][16] De xeito provisional, estivo inscrita Liliana Caballero como fórmula vicepresidencial de Mockus.[15][17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Espectador, ed. (1 de maio de 2010). "Antanas Mockus en lituano". Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2010. 
  2. Facultade de Ciencias Humanas Universidade Nacional de Colombia, ed. (12 de maio de 2010). "Antanas Mockus". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2007. Consultado o 22 de maio de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Antanas Mockus". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2011. 
  4. "Antanas Mockus". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  5. "Antanas Mockus". TalCualDigital.com. 16 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  6. "Antanas Mockus". 19 de abril de 1991. Consultado o 25 de marzo de 2017. 
  7. "Antanas Mockus". 16 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  8. Casa Editorial El Tiempo, ed. (15 de maio de 1991). "Infortunado Episodio, Afirma Mineducación". Consultado o 4 de maio de 2010. 
  9. 9,0 9,1 Revista Semana, ed. (21 de novembro de 1994). "La hora de los antipolíticos". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2007. Consultado o 4 de maio de 2010. 
  10. Political Database of Americas - República de Colombia / Elección Presidencial 2006
  11. El Tiempo (ed.). "Partido Verde fará consulta interna entre 'Os tres tenores' para escoller candidato á Presidencia". Consultado o 22 de maio de 2010. [Ligazón morta]
  12. El Tiempo, ed. (14 de marzo de 2010). "Antanas Mockus es el candidato presidencial y jefe de los Verdes". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  13. Jaime Moreno (5 de abril de 2010). CM&, ed. "Sergio Fajardo confirma que será el vicepresidente de Mockus". Consultado o 6 de abril de 2010. 
  14. Noticias 24, ed. (5 de abril de 2010). "Sergio Fajardo confirma que declina su candidatura y que se une a Antanas Mockus". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  15. 15,0 15,1 Terra - Vote Bien 2010, ed. (5 de abril de 2010). "Matemáticos sumarían más que votos". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  16. El Espectador (ed.). "Mockus y Fajardo sellan su alianza verde al inscribir fórmula vicepresidencial". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  17. RCN Radio, ed. (4 de abril de 2010). ""Tengo la disposición para aceptar" fórmula de Mockus: Fajardo". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 6 de abril de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Jaime Castro Castro
Alcalde Maior de Bogotá
1995 a 1997
Sucesor:
Paul Bromberg Zylverstein
Predecesor:
Enrique Peñalosa Londoño
Alcalde Maior de Bogotá
2001 a 2003
Sucesor:
Luís Eduardo Garzón