Sergio Fajardo

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Sergio Fajardo
Sergio Fajardo.jpg
Nacemento19 de xuño de 1956
 Medellín
NacionalidadeColombia
Alma máterUniversidade dos Andes e Universidade de Wisconsin-Madison
Ocupaciónmatemático e político
editar datos en Wikidata ]

Sergio Fajardo Valderrama, nado en Medellín o 19 de xuño de 1956, é un político, matemático, profesor universitario colombiano e candidato a presidente da República de Colombia. Foi Alcalde de Medellín de 2004 a 2007 e Gobernador do departamento de Antioquia de 2012 a 2015. Nas eleccións presidenciais de 2018 é candidato pola Coalición Colombia conformada polo Polo Democrático Alternativo, a Alianza Verde e o Movemento Compromiso Cidadán.[1]

Traxectoria[edit | edit source]

Foi fórmula vicepresidencial do candidato Antanas Mockus nas eleccións presidenciais do ano 2010 co Partido Verde. Os medios de comunicación catalógano como un candidato de centro.[2]

Como xornalista estivo enfocado en diferentes temas do eido nacional. Foi Subdirector do xornal El Colombiano e columnista de El Mundo, El Espectador e a revísta Dinero; traballou nos programas de televisión Operación Cidade de Telemedellín e Zanahoria de Teleantioquia e pertenceu ao equipo de Viva FM de Caracol Radio, cadea radial na que recalou durante os primeiros meses de 2008, como parte do equipo xornalístico do programa 6 AM - Hoy por hoy.

Participou en procesos de paz como membro fundador da Comisión Facilitadora de Paz de Antioquia durante a gobernación do ex-presidente Álvaro Uribe e ditou conferencias sobre o conflito armado en Colombia.

Notas[edit | edit source]

  1. "Sergio Fajardo: de la ciencia a la política - Sergio Fajardo". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 05 de maio de 2018. 
  2. "“La apuesta es ser presidente”". 

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]