Clans escoceses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Clan escocés»)
Localización tradicional dos clans de Escocia.

Os clans escoceses son un estamento social escocés identitario e estruturado, cuxa autoridade máxima en cuestións de heráldica é a figura do Lord León Rei de Armas, un dos Grandes Oficiais de Estado de Escocia.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Cada clan ten o seu propio patrón de tartán, de forma xeral dende o século XIX, e os seus membros poden empregar saias, capas, cintas, gravatas, panos e outros artigos de roupa feitos do tartán, que supoñen un símbolo de pertenza.

Tipos[editar | editar a fonte]

Hai clans con xefes e clans sen xefes (armíxeros ou armigerous), un destes últimos é o clan Armstrong. En 1972, Neil Armstrong visitou a localidade de Langholm en Escocia, sede tradicional do clan Armstrong.[1][2] Armstrong levou un anaco de tartán dese clan na primeira viaxe do home á lúa.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnston, Willie (20 de xullo de 2009). "Recordando o 'muckle' do home da Lúa". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2009. 
  2. Hansen 2005, p. 13.
  3. McLeod, Keith (2018-06-01). "Astronaut who took tartan to the moon dies, aged 86". Daily Record (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]