Ciro Pollini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCiro Pollini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1782 Editar o valor em Wikidata
Alagna Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1833 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Verona Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaItalia Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDoutor en Medicina, Botánica
EducaciónUniversidade de Pavia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMédico, cirurxián, filósofo, botánico, profesor de botánica
Membro de
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPollini Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaPollini Editar o valor em Wikidata

Ciro Pollini, nado o 27 de xaneiro de 1782 en Alagna, Ducado de Milán, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe na provincia de Pavia, Italia), e finado o 1 de febreiro de 1833 en Verona, Reino Lombardo-véneto, Imperio austríaco, foi un médico, cirurxián, filósofo, botánico e profesor de botánica italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de onter o seu doutoramento en Medicina na Universidade de Pavia en 1802, Pollini prefiriu dedicarse aos estudos de Botánica. Trasladouse a Milán e, en 1805 foi nomeado suplente do profesor Vitma,[1] na cátedra de Botánica e Agricultura,[2]A suplencia conferíase especificando que sería outorgada por mérito, pero non co dereito de ocupar a vacante cando faltase o titular.[3] Á morte de Vitman, o 5 de marzo de 1806, Pollini continuou co seu posto temporal e presentou unha petición para obter a cátedra que, con todo, foi asignada en marzo de 1807 a Paolo Sangiorgio, licenciado en Farmacia en Pavia, que pasoo a ser profesor no Liceo e director do Xardín Botánico de Brera,[4] mentres que Pollini foi nomeado profesor de botánica e agricultura no Liceo de Verona.[5]

En 1808 Pollini foi un dos fundadores da Sociedade Literaria de Verona.[6] Entre outras cousas dedicouse ao estudo da flora presente no Monte Baldo e das enfermidades das oliveiras na zona de Verona. Publicou diversos textos e está considerado como o autor da maior obra dedicada á flora do Véneto.[7]

Durante a súa curta carreira describiu numerosas novas especies vexetais, especialmente das failias das Asteraceae, Poaceae, Leguminosae e Orchidaceae.[6]

Morreu en Verona o 1 de febreiro de 1833, dun ataque cardíaco, aos 51 anos.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1810. Elementi di botanica compilati da Ciro Pollini dottore in filosofia medicina e chirurgia ... con molte tavole in rame disegnate dall'autore volume 1. e 2. Verona: Tipografía Moroni.
  • 1816. Viaggio al Lago di Garda e al Monte Baldo in cui si ragione delle cose naturali etc. Verona.
  • 1822. Flora Veronensis quam in prodromum Floræ Italiæ Septentrionalis exhibet Cyrus Pollinius tomus primus, sendus et tertius. Verona: tipografía e edición da Sociedade Tipográfica.
  • 1827. Osservazioni meteorologiche del signor Gio. Federico Mayer, atte in Verona nell'anno 1827. Per commissione dell'Accademia d'agricoltura, commercio e arti. (Con G. F. Mayer) e Osservazioni agrarie del signor Ciro dottor Pollini, fatte in Verona nell'anno 1827.
  • 1833. Sulla nuova dottrina medica italiana o browniana riformata. Lettera al dottor Pietro Carpanelli.
  • 1833. Catechismo agrario. 5ª ed. Revisada e ampliada do primeiro impreso da Academia de Agricultura, Comercio e Artes de Verona. Ed. Milano: Tip. di G. Silvestri, 1854. (Contén noticia necrolóxica do autor).

Honores[editar | editar a fonte]

  • A el está dedicado o Instituto "Ciro Pollini" de Mortara, provincia de Pavia.
  • En 1819 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Turín.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Xénero
Especies

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Pollini emprégase para recoñecer a Ciro Pollini como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[16]
  • A abreviatura Pollini emprégase para recoñecer a Ciro Pollini como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fulgenzio Vitman (1728-1806) foi sacerdote e botánico. Fundou en 1777 o Orto botanico di Brera (Xardín botánico de Brera).
  2. A cátedra era do Ginnasio di Brera (Liceo ou Instituto de secundaria de Brera).
  3. Enrico Banfi & Agnese Visconti 2013.
  4. Enrico Banfi & Agnese Visconti 2013, pp. 180-187.
  5. "Nomina dei Professori dei tre Licei convitti". Bollettino delle leggi del Regno d'Italia. parte prima: 149–151. 1807. 
  6. 6,0 6,1 Giuseppe Biadego 1899, p. 144.
  7. 7,0 7,1 Ciro Pollini (1782-1833) Museo de Histori natural de Verona.
  8. Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 10, farrago. 1815 (IK)
  9. Mém. Acad. Imp. Sci. St.-Pétersbourg, Sér. 6, Sci. Math. 2: 304. 1833 (IK)
  10. Fl. Germ. Excurs. 853 (IK)
  11. Syll. Fl. Eur. 232. 1855 (IK)
  12. Fl. Veron. ii. 458. 1814 (IK)
  13. Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 78. 1815 (IK)
  14. Primul. Ital. 12. (IK)
  15. Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 66. 1815 (IK)
  16. 16,0 16,1 Pollini – Ciro (Cyrus) Pollini (1782-1833) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]