Circo romano de Mérida
Circo Romano de Mérida | |
---|---|
Vista desde o tellado do museo adxacente | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | Mérida (Badaxoz) |
Tipo | Cultural |
Criterios | iii, iv |
Inscrición | 1993 (XVII sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 664-010 |
O Circo romano de Mérida é un Circo romano en ruínas en Mérida, España. Usado para as carreiras de carros, foi o modelo do Circo Máximo de Roma e outros edificios de circo en todo o imperio. Con máis de 400 m de lonxitude e 30 m de ancho, é un dos exemplos mellor conservados do Circo romano.[1] Podería albergar ata 30.000 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Non hai consenso sobre a datación do circo, xa que se construíu e se utilizou durante varios anos antes da súa inauguración oficial. Parece que se construíu arredor do ano 20 a.C. e inaugurado uns 30 anos despois. Estaba situado fóra das murallas da cidade, pero preto da estrada que unía a cidade con Toledo e Córdoba.
Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, e do auxe do cristianismo en España, o circo viu máis uso que as outras estruturas romanas de Mérida, xa que as carreiras eran consideradas menos pecaminosas que os espectáculos representados no teatro e anfiteatro.[2]
Estado actual
[editar | editar a fonte]O circo de Mérida segue moi ben conservado. Como ocorre co Circo Máximo, a maioría das estruturas dos circos destruíronse co paso do tempo xa que a área ocupada por eles era grande e moitas veces en terreos moi chairos preto das súas respectivas cidades. No entanto, o circo de Mérida conservou numerosas estruturas, incluíndo a Porta Pompae ("entrada principal"), a Porta Triumphalis ("porta do triunfo"), a spina (a parede lonxitudinal), o tribunal iudicium ("tribuna dos xuíces").
Un museo dedicado ao circo atópase agora preto do bordo medio do recinto do circo e permite o acceso á zona cercada ao redor dos restos do circo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] [Ligazón morta]
- ↑ "Roman Circus of Merida.". Spanisharts.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circo romano de Mérida |