Christine Jorgensen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christine Jorgensen
Christine Jorgensen 1954.jpg
Nome completoGeorge William Jorgensen jr.
Nacemento30 de maio de 1926
Lugar de nacementoBronx
Falecemento3 de maio de 1989
Lugar de falecementoSan Clemente
Causacancro de vexiga e cancro de pulmón
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaEuropean Americans
Alma máterChristopher Columbus High School
Ocupaciónactriz, entertainer, portavoz, activista e profesor de educación superior
Na rede
IMDB: nm0430360 Allmovie: p317185
WikiTree: Jorgensen-3427 Find a Grave: 8316 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Christine Jorgensen, nada en Nova York, 30 de maio de 1926 e finada en San Clemente, California, o 3 de maio de 1989, foi unha muller transxénero estadounidense, a primeira amplamente coñecida no seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jorgensen naceu co nome de George William Jorgensen Jr., segunda filla do carpinteiro George William Jorgensen Sr. e da súa esposa, Florence Davis Hansen. Creceu na área do Bronx, Nova York, e foi bautizada como luterana.[1] Na súa autobiografía de 1967 describiuse como "un rapaz fráxil, loiro, introvertido, que fuxía das liortas a puños e os xogos rudos".[2][3]

Despois de graduarse da secundaria, en 1945 alistouse no exército dos Estados Unidos e participou na segunda guerra mundial. Logo do seu servizo asistiu a varias escolas e tivo varios traballos.[4]

Ao volver a Nova York, oíu sobre unha cirurxía para modificar o seu xénero. Comezou a tomar estróxenos en forma de etinilestradiol e comezou a procurar a cirurxía coa axuda de Joseph Angelo, marido dunha compañeira de clase na Manhattan Medical and Dental Assistant School.[5] Jorgensen intentou ir a Suecia, mais nunha parada en Copenhaguen para visitar uns familiares, coñeceu a Christian Hamburger, endocrinólogo e especialista en terapia hormonal rehabilitadora. Quedou en Dinamarca e comezou a terapia baixo a dirección de Hamburger. Escolleu o nome Christine na súa honra. Obtivo do Ministerio de Xustiza un permiso especial para experimentar unha serie de operacións que comezaron o 24 de setembro de 1951.[6]

Regresou aos Estados Unidos e a súa transición o tema de primeira páxina do New York Daily News o 1 de decembro de 1952. Incorrectamente foi presentada como a primeira persoa sometida a unha operación de reasignación de sexo.[7] Este tipo de cirurxía xa fora realizada por médicos alemáns a finais da década de 1920. Dorchen Richter e a artista dinamarquesa Lili Elbe, ambas pacientes de Magnus Hirschfeld no Institut für Sexualwissenschaft de Berlín, foron as primeiras que se sabe foron sometidas á operación.[8]

Jorgensen afirmou inicialmente que quería seguir unha vida tranquila, mais ao volver aos Estados Unidos a única forma de gañar a vida foi coas aparicións públicas.[9] Converteuse instantaneamente nunha celebridade ao chegar a Nova York en febreiro de 1953, empregando a súa fama para defender as persoas transxénero con franqueza e enxeño.[10]

Jorgensen traballou como actriz e artista de cabaré e gravou varias cancións.[11]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Os carteis do filme de Ed Wood Glen or Glenda (1953), tamén coñecido como I Changed My Sex e I Led Two Lives, publicitaron o filme como baseado na vida de Jorgensen.[12] Orixinalmente o produtor George Weiss ofreceulle aparecer no filme, pero rexeitouno.[13]

En 1970 a súa vida foi levada á pantalla grande no filme The Christine Jorgensen Story, do director Irving Rapper, baseándose para o guión nas súas memorias. Foi encarnada polo actor John Hansen de adulta e por Trent Lehman aos sete anos.

A historiadora e crítica teórica transxénero Susan Stryker dirixiu e produciu un filme documental experimental sobre Jorgensen, Christine in the Cutting Room. En 2010 tamén presentou unha conferencia na Universidade Yale titulada "Christine in The Cutting Room: Christine Jorgensen Transsexual Celebrity and Cinematic Embodiment".[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Becoming a Woman: A Biography of Christine Jorgensen
  2. Jorgensen, Christine (1968). Christine Jorgensen: a personal autobiography (en inglés). New York: Bantam. pp. 8. OCLC 1023834324. 
  3. Ingrassia, Michelle (5 de maio de 1989). "Transsexual Superstar: In 1952, She Was a Scandal: When Jorgensen decided to change his name—and his body—the nation wasn't quite ready". Newsday. p. A1. 
  4. "Education: Students Wanted". Time. 2 de setembro de 1946. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de abril de 2010. 
  5. Bullough, Vern L. "Jorgensen, Christine (30 May 1926 – 3 May 1989)". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2009. 
  6. "21 Transgender People Who Influenced American Culture". Time Magazine. 
  7. Zimmerman, Jonathan. "Caitlyn Jenner, meet Christine Jorgensen". NY Daily News. Consultado o 27 de xullo de 2017. 
  8. Meyerowitz, Joanne J. (30 de xuño de 2009). How Sex Changed. Harvard University Press. pp. 19–21. ISBN 978-0-674-04096-0. 
  9. Kelly, Erin (2 de xuño de 2015). "Call Her Christine: The Original American Trans Celebrity". All That's Interesting, 2. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  10. Whittle, Stephen (2 de xuño de 2010). "A brief history of transgender issues". The Guardian. Consultado o 22 de agosto de 2019. 
  11. "Christine Jorgensen Website". Christinejorgensen.org. Consultado o 4 de decembro de 2013. 
  12. ""I Led 2 Lives" Based on the Lives of Christine Jorgensen". 
  13. Rhodes, Gary D. (1997). Lugosi: His Life in Films, on Stage, and in the Hearts of Horror Lovers (en inglés). McFarland. ISBN 0-7864-0257-1. 
  14. "Trans/gender Awareness Week – Susan Stryker – "Christine in the Cutting Room: Christine Jorgensen's Transsexual Celebrity and Cinematic Embodiment"" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]