Christian d'Oriola
Christian d'Oriola | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Christian Marie Auguste d'Oriola |
Nacemento | 3 de outubro de 1928 |
Lugar de nacemento | Perpiñán |
Falecemento | 29 de outubro de 2007 |
Lugar de falecemento | Nîmes |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | esgrimista |
Cónxuxe | Kate Delbarre-d'Oriola |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra e L'Équipe Champion of Champions |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Christian d'Oriola, nado en Perpiñán o 3 de outubro de 1928 e finado en Nimes o 30 de outubro de 2007, foi un tirador de esgrima francés, gañador de seis medallas olímpicas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procedente dunha familia da nobreza rosellonesa de tradición viñateira, comezou de neno a adestrar con seu pai, asistindo ás primeiras competicións oficiais con 13 anos e os 18 anos xa é vicecampión de Francia tras perder na final con Jéhan de Buhan e en 1947 é campión do mundo de florete. Con 19 anos participou nos Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, gañando a medalla de prata na proba individual de florete e a medalla de ouro na proba por equipos desta modalitade. En 1949 é de novo campión do mundo aínda que nos dúas anos seguinte debido a unha uremia non entra nos podios, volvendo de novo á alta competición no Campionato do Mundo de 1951, onde consegue dous títulos mundiais, en florete individual e por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui logrou a medalla de ouro nesas dúas mesmas probas. Nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne novamente gañou a medalla de ouro na proba individual, e a medalla de prata por equipos. Na súa última participación olímpica, nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma foi o abandeirado da delegación francesa rematou quinto na proba por equipos de florete, oitavo na de florete individual e noveno na de equipos de espada. Aínda en 1970 foi campión de Francia en florete por equipos e tras retirarse foi árbitro internacional durante dez anos, entre 1970 e 1980. No ano 1971 obtivo a Lexión de Honra. Foi vicepresidente da Federación Francesa de Esgrima (1980-1984) e membro da Académie des sports
Ao longo da súa carreira gañou doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, oito delas de ouro; e dúas medallas nos Xogos do Mediterráneo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1928
- Finados en 2007
- Esgrimistas olímpicos de Francia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Esgrimistas de florete
- Medallistas olímpicos de ouro por Francia
- Medallistas olímpicos de prata por Francia
- Árbitros de esgrima
- Directivos de esgrima
- Nados en Perpiñán
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1960