Christian Goethals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristian Goethals
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1928 Editar o valor em Wikidata
Courtrai, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Courtrai, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , enxeñeiro , piloto de carreiras Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Christian Roger Xavier Marie Joseph Ghislain Goethals, nado en Heule o 4 de agosto de 1928 e finado en Kortrijk o 26 de febreiro de 2003, foi un piloto de carreiras belga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Goethals competiu como afeccionado nas carreiras de automóbiles deportivos, pilotando un Porsche Spyder durante a década de 1950.[1] Os seus mellores resultados foron un segundo lugar co seu irmán no evento da clase de 1500cc de 1956 en Reims e a vitoria na mesma clase ao ano seguinte en Forez.[2] Goethals adquiriu un Cooper - Climax e participou na clase de Fórmula 2 do Gran Premio de Alemaña de 1958, pero retirouse da carreira.[1] Non participou noutro Gran Premio de Fórmula Un, e regresou aos coches deportivos, con notables resultados en 1960, quinto nos 1000 km de Bos Aires e segundo no GP de Spa.[2] Retirouse das carreiras máis tarde durante a tempada.

Fundou un equipo de carreiras chamado Écurie Éperon d'Or para participar no Gran Premio de Alemaña de 1958[3] onde correu cun Cooper T43.[4]  

Goethals era o fillo máis novo de René Goethals (1876-1928), un nobre e maior de Heule, preto de Courtrai, e de Jeanne Mols (1884-1968). Estaba casado con Julie Opsomer.

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1958 Ecurie Eperon d'Or Cooper T43 Coventry Climax ARX MON NED 500 BEL FRA GBR ALE
Ret
POR ITA MAR NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Christian Goethals profile". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 28 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Statistics: Christian Goethals". Grand Prix Archive. Crash Media Group. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de abril de 2012. 
  3. "Écurie Éperon d'Or". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de marzo de 2018. 
  4. "Formula 1 history showing every racer who ever used the Cooper T43". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • SMALL, Steve (1999): Grand Prix Who is Who, Travel Publishing, Londres 1999, ISBN 1-902007-46-8.
  • Small, Steve. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 160. ISBN 0851127029. 
  • DE MARNIX DE SAINTE ALDEGONDE, Humbert (2007): État présent de la noblesse belge. Annuaire Bruxelas (en francés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]