Empezou a estudar maxisterio pero non chegou a terminar a carreira, agora proba a estudar a distancia filoloxía inglesa, lingua que coñece á perfección.[1]
O seu primeiro traballo como actor foi na serie de televisión Médico de Familia na cal tivo un pequeno papel durante o episodio 8 da segunda tempada: "Cuando digo no, es no". Alí interpretou a Juanma, un amigo de Alberto que violou á súa noiva. Tamén participou noutras series como La casa de los líos ou Al salir de clase.[2]
Pero a fama non chegou a este madrileño ata que lle elixiron como reporteiro de Caiga Quien Caiga onde estivo desde 2005, cando volveu a cargo de Manel Fuentes, ata 2007.
Presentou Pasapalabra dende xullo de 2007 ata outubro de 2019, tempo no que se emitiron máis de 3000 edicións do programa, que foi gañador do TP de Ouro ao mellor concurso de 2008 e 2009. Desde o 1 de xaneiro de 2008 colabora no concurso de descubrimento de novos talentos Tú sí que vales. En decembro de 2008 estreou tamén en Telecinco o concurso Operación Tony Manero, o cal non tivo moito éxito. En 2009, compaxinou con Pasapalabra o reality Supervivientes, xa que Jesús Vázquez abandonou o programa para presentar Operación Triunfo 2009 e o madrileño colleulle a substitución.
En xaneiro de 2011, presentou a gala benéfica Juntos en Telecinco.
Desde febreiro de 2021, presentou o programa dos sábados en Cadena 100 de 9:00 a 14:00 con Víctor Parrado. De sábado con Christian Gálvez, non só se escoitaría en antena, senón que se podería ver en acción grazas á emisión en directo do programa a través da páxina web CADENA100.es. Un espazo producido, xunto con CADENA 100, por Fénix Media Audiovisual, unha produtora propiedade de Mediaset España e liderada por Rafa Guardiola, Olga Flórez e o propio Gálvez, no que os oíntes serían os verdadeiros protagonistas cunha participación moi activa. "Moitas veces cederemos o testemuño ao público e seremos os meros espectadores. Todos os sábados teriamos como convidados a varias celebridades diferentes". O último sábado de xuño de 2022, despediuse do programa Cadena 100 para preparar e presentar o concurso Alta Tensión. En 2021 será o encargado de presentar devandito programa nunha nova etapa en Telecinco. Emitirase a partir do luns 30 de agosto de 2021 en Telecinco de 20:00 a 21:05, de luns a venres, agás festivos nacionais.
Entre o 19 de decembro de 2022 e o 15 de setembro de 2023, presentou o concurso 25 palabras en Telecinco. En novembro de 2023 anunciouse que sería o presentador do programa Celebrity School, programado para a súa emisión en Telecinco,[3] e meses despois, fíxose público que dirixiría a segunda fase do concurso ¡Boom! en Cuatro.[4]
É membro do Leonardo DNA Project ( proxecto internacional sobre Leonardo da Vinci). Foi comisario da exposición española «Leonardo da Vinci: los rostros del genio» en España e Italia desde 2018 até 2020 para conmemorar o 5° centenario da morte do florentino. É mimbro do Consello Internacional de Museos (ICOM), da Asociación Española de Museólogos, da Alianza Americana de Museos e do Centro Español de Sindonología. É patrón de QSDGlobal, a Fundación Europea polas Persoas Desaparecidas, e embaixador de FEDER, Federación Española de Enfermidades Raras.
En 2010 publicou o libro Sin-vergüenzas por el mundo coa editorial Espasa, no que narra as súas experiencias como reporteiro.[5] En 2011 retomou a súa carreira como actor e rodou baixo a dirección de Antonio del Real, xunto con Jaydy Michel e Blanca Jara, a película Ni pies ni cabeza.[6] Ese mesmo ano publicou o seu segundo libro con Espasa, Que la historia te acompañe, no que narra feitos e anécdotas históricas. O 11 de abril de 2013 publicou Tienes talento: cómo sacar lo mejor de ti mismo de la mano de Leonardo da Vinci coa editorial Alienta, onde mestura a vida e obra do xenio florentino co concepto de adestrador. Ese ano tamén comezou a colaborar como especialista en cine de superheroes na revista ACCION Cine-Vídeo-Tele. O 2 de abril de 2014 publicou a novela histórica Matar a Leonardo da Vinci coa editorial Suma de Letras. O libro vendeu máis de 50.000 exemplares, publicándose en España, Chile, Arxentina, México, Portugal e Serbia. En maio de 2014 entrou a formar parte da Academia de Ciencias e Artes de Televisión de España e desde ese mesmo ano lanzou a colección infantil El pequeño Leo da Vinci coa editorial Alfaguara, que consta de 11 volumes ata o momento. O 17 de marzo de 2016 publicou Rezar por Miguel Ángel, segundo volume de Crónicas del Renaciemiento. Así mesmo, traballa habitualmente como conferenciante para empresas baseándose na motivación e na procura de talento. En 2017, tras publicar Leonardo da Vinci: cara a cara, foi nomeado membro do Proxecto ADN Leonardo, como especialista en Leonardo da Vinci, para o que asistirá á exhumación, á recuperación do seu ADN e á reconstrución facial do pintor.[7]
De 2019 é Gioconda descodificada. Retrato de la mujer del Renacimiento, de 2020 Hannah (Sobre o Gurdián da Ponte Vecchio) e de 2024 e he llamado por tu nombre (novela que é unha profunda reflexión sobre a perseveranza e o espírito humano no medio da adversidade).
En decembro de 2018, debido á presenza de Gálvez á fronte da exposición de arte Leonardo da Vinci: os rostros do xenio, o Comité Español de Historia da Arte (CEHA) acusouno de intrusismo profesional, non só pola súa participación nela sen ser un historiador cualificado, senón tamén por propagar "unha idea sen profundidade científica" sobre Leonardo.[8] Elisa Ruiz, profesora de paleografía cuxo asesoramento se reclamou para a exposición, negou a súa participación na iniciativa de Gálvez e corroborou a opinión do grupo.[9]
En resposta a estas críticas, Gálvez argumentou que o seu traballo era o de publicista e comunicador e que eses eran precisamente os papeis que desempeñaba Los rostros del genio,[10] e puxo en valor as súas credenciais en xestión de exposicións pola Universidade Europea Miguel de Cervantes.[11] Tamén afirmou que o obxectivo do concurso era expresamente informativo e non científico, e que aínda así contaba co apoio de varios profesores e asociacións relacionadas coa figura do inventor. A xornalista Carme Chaparro mostrou o seu apoio a Gálvez, sinalando que a súa presenza —e a conseguinte polémica, que cuadriplicou as visitas á exposición— fora vital para o éxito de Os rostros do xenio, e concluíndo que os membros do comité «deberían agradecerlle e non queixarse» do seu traballo.[12] A dirección da Biblioteca Nacional de España, unha das dúas sedes da exposición, indicou que desde a inauguración houbo un aumento das outras exposicións da organización, quizais debido á polémica causada.
Nado en Móstoles, a súa nai é natural de La Línea de la Concepción (Cádiz). Gálvez, tras solicitalo expresamente no seu programa de televisión, foi o protagonista dos actos do 140 aniversario da fundación da cidade de Cádiz, celebrado en 2010. Ese ano foi nomeado pregoeiro da Velada y Fiestas e recibiu o carné de socio honorario da Real Balomépédica Linense.[13]
En 2007, Christian coñeceu a Almudena Cid en Pasapalabra, un programa que ela presentaba naquel momento e ao que foi convidada. Tras tres anos de relación, casaron o 7 de agosto de 2010 nunha urbanización de Torrelodones (Comunidade de Madrid, España). O alcalde de Móstoles (Comunidade de Madrid), cidade natal de Gálvez, foi o encargado de casalos.[14] En decembro de 2021, a parella anunciou que poñen fin á súa relación tras unha década de matrimonio. Anteriormente, Christian fora parella sentimental da modelo venezolana Veruska Ramírez (2005-2006).[15]
Meses despois da súa ruptura con Almudena Cid, o 26 de febreiro de 2022, anunciouse unha nova relación coa presentadora Patricia Pardo, confirmándose ambos dous días despois. O 29 de xullo de 2023, anunciou a través das redes que casara con Patricia Pardo había só un ano e que ían ser pais por primeira vez. O 22 de decembro de 2023 naceu o seu fillo Luca Gálvez Pardo. Froito dunha viaxe a Xerusalén coa súa muller Patricia, recuperou a fe que perdera na adolescencia e publicou o libro Te he llamado por tu nombre (2024).[16]
Sin-vergüenzas por el mundo (2010). Con José Karim. Espasa. 224 páxs. ISBN 978-84-670-3250-5.
Que la Historia te acompañe. Los récords, anécdotas y hechos más importantes de la historia (2011). Espasa. 256 páxs. ISBN 978-84-670-3797-5.
Tienes talento (2013). Alienta Ed. 248 páxs. ISBN 978-84-15678-15-1. Libro de autoaxuda.
Leonardo da Vinci -cara a cara- ¿Cuál era el verdadero rostro del maestro? (2018). Debolsillo. 680 páxs. ISBN 978-84-663-4321-3.
Leonardo da Vinci. 500 años (2018). Debolsillo. (Edición estoxo con: Matar a Leonardo da Vinci | Leonardo da Vinci -cara a cara-). ISBN 978-84-663-4823-2.
Gioconda descodificada. Retrato de la mujer del Renacimiento (2019). Debolsillo. 600 páxs. ISBN 978-84-663-4800-3.
Presentación de Te he llamado por tu nombre en Bueu. O autor con Rodrigo Costoya, acto organizado pola Libraría Miranda co apoio do Concello de Bueu. 08/08/2025.Te he llamado por tu nombre (2024). Suma. 560 páxs. ISBN 978-84-9129-439-9.
Matar a Leonardo da Vinci (Crónicas del Renacimiento 1) (2015). SUMA. 456 páxs. ISBN 978-84-663-3025-1. tTriller histórico no que se dan cita arte, vinganza e paixón.
Rezar por Miguel Ángel (Crónicas del Renacimiento 2) (2017). SUMA. 624 páxs. ISBN 978-84-663-3880-6.
Premio Protagonistas na categoría de Televisión (2010)
Premio Antena de Oro na categoría de Televisión (2011)
Premio Laurel Platinum ao mellor periodista nacional (2014)
Premio La Alcazaba ao mellr presentador de televisión (2015)
Premio Iris na categoría de mellor presentador/a de programas (2017)
Premio Especial en los IV Premios de Periodismo Científico Concha García Campoy (2018)
Leonardo da Vinci: cara a cara, galardoado co Premio ao Mellor Traballo Periodístico de Investigación Científica pola Academia de Ciencias e Artes da Televisión.