Chauna
Chauna | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chauna torquata | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Parra chavaria (Chauna chavaria) Linnaeus, 1766 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Chauna é un xénero de aves anseriformes, un dos dous integrados na familia dos anímidos.
Comprende dúas especies que habitan en zonas húmidas temperadas e cálidas de América do Sur.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero Chauna foi descrito no ano 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[1][2][3]
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Sendo unhna especie monotípica no momento da súa descrición, a especie tipo é Parra chavaria (hoxe denominada Chauna chavaria), taxon que fora descrito por Linneo en 1766.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Cauyna deriva do grego antigo χαῦνος khaũnos, "esponxoso", "brando", en alusión á consistencia branda destas aves.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Chaima Griffith, 1829
- Chaussa Vieillot, 1818
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprendce dúas especies:
Imaxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
Chauna torquata (Linnaeus, 1766) | Sueste do Perú, norte de Bolivia, Paraguai, sur do Brasil, Uruguai e norte da Arxentina | |
Chauna chavaria Oken, 1816 | Norte de Colombia e Venezuela |
Características
[editar | editar a fonte]Son aves grandes e voluminosas, cunha pequena cabeza peluda, patas longas e pés grandes que só están parcialmente palmados. Teñen grandes esporóns nas súas ás, que usan en pelexas polas parellas e en disputas territoriais. Chauna torquata é en xeral bastante común e ás veces considérase unha praga, xa que ataca os cultivos e compite coas aves de granxa pola comida. Pola contra, Chauna chavaria, é relativamente rara e, polo tanto, considérase "case ameazada".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Chauna Illiger, 1811 no GBIF. Consultado o 20 de outubro de 2022.
- ↑ Chauna Illiger, 1811 na BioLib. Consultada o 20 de outubro de 2022.
- ↑ Illiger, J. K. W. (1811): Prodromus systematis mammalium et avium. sumptibus C. Salfeld (descrición na páxina 253).
- ↑ Linnaeus, C. (1766): Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae [Estocolmo]: Editio Duocecima. Reformata, p. 260.
- ↑ Mouchard, Alex (2013): Etimología de los nombres científicos de las aves de Argentina: su significado y origen. Buenos Aires: Fundación de Historia Natural Félix de Azara. ISBN 978-9873-781-42-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chauna |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chauna |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep, Andrew Elliott, Jordi Sargatal, eds. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
- Hilty, Steven L. (2003). Christopher Helm, ed. Birds of Venezuela. Londres. ISBN 0-7136-6418-5.