Charles Manson
Charles Manson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Charles Milles Maddox |
Nacemento | 12 de novembro de 1934 |
Lugar de nacemento | Cincinnati |
Falecemento | 19 de novembro de 2017 |
Lugar de falecemento | Bakersfield |
Causa | Cancro colorrectal e Parada cardiorrespiratoria |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | National Training School for Boys, Gibault School for Boys, Arroyo High School e Pasadena City College |
Ocupación | criminal, líder religioso, asasino en serie e músico |
Cónxuxe | Rosalie Willis e Leona Stevens |
Na rede | |
https://www.charlesmanson.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Charles Milles Manson, nado en Cincinnati (Ohio) o 12 de novembro de 1934 co nome de Charles Milles Maddox e finado en Bakersfield (California) o 19 de novembro de 2017[1], foi un criminal estadounidense fundador e líder de The Family, un grupo sectario hippie de California a finais dos anos 1960. Condenado por ordenar os asasinatos o 8 de agosto de 1969 de Sharon Tate, dona do realizador de cinema Roman Polanski, e dos seus convidados e o día seguinte os de Leno e Rosemary LaBianca.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na época na que se formou The Family, Manson era un exconvito desempregado, que pasara a metade da súa vida en institucións correccionais por varios delitos. No período inmediatamente anterior ós asasinatos, Manson conseguiu entrar no mundo da industria musical dos Ánxeles pola súa amizade con Dennis Wilson, membro de the Beach Boys, só despois de ser acusado dos crimes, as cancións escritas e cantadas por el saíron ó mercado, artistas como Guns N' Roses[2] e Marilyn Manson gravaron as súas cancións nas décadas seguintes.
Condenado á pena de morte, a súa sentenza quedou reducida a cadea perpetua ó eliminar temporalmente o Tribunal Supremo de California a pena de morte en 1972. Nos seus últimos anos cumpriu condena na prisión estatal de Corcoran. O 19 de novembro de 2017, contra as 20:13 (hora local), morreu en Bakersfield (California), tras varios días internado nun hospital do condado de Kern, ós 83 anos.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Assassino Charles Manson morre aos 83 anos". noticias.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ Calu Capel. "Guns N' Roses - Look at your game girl (Charles Manson Cover,Hidden Track)". Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Charles Manson, Satanic Mastermind Behind Murder of Actress Sharon Tate, Dies at 83". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2019-02-01.