Courmayeur
Coordenadas: 45°47′00″N 06°58′00″L / 45.78333, -6.96667
| |||||||
País | Italia | ||||||
• Rexión | Val de Aosta | ||||||
• Provincia | ningunha | ||||||
• Frazioni | Dolonne, Entrèves, La Palud, Villair Dessous, Villair Dessus, Larzey, Entrelevie, La Villette, La Saxe | ||||||
Localización | |||||||
• Altitude | 1.224–4.810 msnm | ||||||
Superficie | 210 km² | ||||||
Poboación | 2.870 hab. (2010) | ||||||
• Densidade | 13,7 hab./km² | ||||||
Patrón | San Pantaleo | ||||||
Código Postal | 11013 | ||||||
Sitio web | Páxina oficial |
Courmayeur (en arpitano, Croméyeui) é un concello italiano da rexión autónoma do Val de Aosta. Está localizado aos pés do Mont Blanc, a montaña máis alta de Europa Occidental, na sección dos Alpes Graios, e cruzado polo río Dora Baltea. Courmayeur comparte o cume do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Chamonix en Francia e posúe o título de concello máis alto de Italia.
Turismo[editar | editar a fonte]
O pintoresco e saudable escenario montañés que presenta Courmayeur, converten a esta localidade italiana nun atractivo turístico. O inverno converte a este destino nun dos máis elixidos polos europeos para realizar esquí. Courmayeur é tamén elixido como destino turístico en verán, para simple relaxación e polos seus atractivos naturais, como a rexión do Mont Blanc ou o Parque Nacional do Gran Paradiso. Son, por tanto, frecuentes a presenza de alpinistas e excursionistas en verán. Por Courmayeur pasa o famoso Tour do Mont Blanc, que en varias etapas rodea completamente o macizo pasando por Francia, Italia e Suíza.
Transporte[editar | editar a fonte]
Courmayeur atópase moi ben conectado co noroeste de Italia (220 km de Milán). O túnel do Mont Blanc conecta a rexión con Francia. Lión está a 240 km e pode ser alcanzada nunhas horas, e Xenebra, Suíza, está só a 100 km.
Dolonne, cidade irmá de Courmayeur, conta con varias áreas residenciais e hoteis, e tamén é un centro de deportes de inverno. Está conectada a Courmayeur mediante unha ponte.
Cidades irmás[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Courmayeur ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |