Ferrocarril de cremalleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vía dun ferrocarril de cremalleira.

Un ferrocarril de cremalleira é un tipo particular de ferrocarril que basea o seu funcionamento no axuste mecánico coa vía por medio dun terceiro raíl dentado ou «cremalleira».

A disposición mencionada permite que sexa utilizado en zonas onde haxa unha gran pendente de máis do 8%,[1] nas cales o funcionamento por adherencia entre carrís e rodas non sería posible debido á escasa fricción entre elas.

A súa orixe remóntase a 1812 cando o inglés John Blenkinsop construíu unhas vías de cremalleira para unha máquina locomotora lenta. Despois, en 1862 o suízo Niklaus Riggenbach colocou a cremalleira nun terceiro raíl.

En España hai dous trens cremalleira, os dous en Cataluña, para acceder a Montserrat e Núria.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Ferrocarril". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2016.