Túnel do Mont Blanc
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
| Tipo | túnel de estrada túnel internacional túnel de base túnel de peaxe | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Fronteira entre Francia e Italia E25 | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Alta Savoia, Francia e Val de Aosta, Italia | |||
| ||||
| Composto por | ||||
| Características | ||||
| Altitude | 1.274 m 1.381 m | |||
| Dimensións | 8,6 ( | |||
| Atravesa | Macizo do Mont Blanc | |||
| Permite o paso de | Route nationale 205 (en) | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1965 | |||
| Cronoloxía | ||||
| 24 de marzo de 1999-9 de marzo de 2002 | clausura Causado por: fire of the Mont Blanc tunnel (en) | |||
| 24 de marzo de 1999 24 de marzo de 1999-26 de marzo de 1999 | fire of the Mont Blanc tunnel (en) | |||
| 1957-1965 | construción | |||
| Actividade | ||||
| Uso | estrada | |||
| Operador | Autoroutes et tunnel du Mont-Blanc (en) Società Italiana per il Traforo del Monte Bianco | |||
| Sitio web | tunnelmb.net | |||
O túnel de Mont Blanc é un túnel nos Alpes, que une por estrada Francia con Italia, baixo o Mont Blanc.
As dúas cidades máis famosas preto do túnel son Chamonix (Alta Savoia, Francia) e Courmayeur (Val de Aosta, Italia). Comezado en 1957 e rematado en 1965, o túnel de 11,6 km de longo e 8,6 m de ancho discorre baixo a montaña entre estas dúas cidades. É unha das principais rutas de transporte transalpinas, particularmente para Italia, que confía nela para transportar ata un terzo das súas mercadorías cara ao norte de Europa.
Accidentes
[editar | editar a fonte]O 24 de marzo de 1999 un camión belga incendiado no túnel causou unha das traxedias automobilísticas máis grandes de Europa. O lume, por mor de estar no interior do túnel, propagouse moi rapidamente incinerando todo o combustible que ía atopando ao seu paso.
Provocouse un incendio de enormes proporcións, foron 53 horas de combate ao lume. Faleceron 39 persoas, a gran maioría carbonizadas dentro dos seus automóbiles, outras tratando de escapar a pé.
Peaxes
[editar | editar a fonte]O paso polo túnel está suxeito a peaxe. O prezo da peaxe difire de Italia a Francia, debido aos seus diferentes tipos de IVE.[1]
Peaxes do túnel do Mont Blanc do lado francés en 2024
| Tipo de vehículo | Só ida | Ida/volta |
|---|---|---|
| Coches | 54,10 € | 67,50 € |
| Motos | 35,80 € | 45,00 € |
| Caravanas | 71,60 € | 90,00 € |
Peaxes do túnel do Mont Blanc do lado italiano en 2024
| Tipo de vehículo | Só ida | Ida/volta |
|---|---|---|
| Coches | 55,00 € | 68,60 € |
| Motos | 36,40 € | 45,70 € |
| Caravanas | 72,80 € | 91,50 € |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clasificación de vehículos y peajes". tunnelmb.net.
