Conversa:Chamábanlle Trindade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Eu xuraría que vin este filme en TVG co título "Chamábano Trindade". --Xabier Cid 11:27, 26 marzo 2008 (UTC)

  • No foro de adobraxe.com o título aparece como "Chamábano Trinidade" [1]. --Arco de Rayne 14:58, 26 marzo 2008 (UTC)


O título na TVG foi Chamábanlle Trindade, como se pode ver nesta captura [2]. Á parte, é a forma correcta en galego, xa que Trindade é o Complemento Directo e lle o Indirecto. Chamaban Trindade a el -> Chamábanlle Trindade -> Chamábanllo. Se non me explico ben, pensade noutras frases análogas típicas do galego: Chámalle X, Chámalle parvo, Chámalle burro ao cabalo...

E só para aclarar, o verbo "chamar" significa cousas distintas segundo a estrutura. Hai varias delas, mais vou diferenciar só as dúas principais:

Chamar algo a alguén: Pórlle un nome ou cualificalo. Chamarei ao meu fillo Xoán" -> "Chamareille Xoán" -> "Chamareillo" Chamar alguén: Facer que unha persoa atenda ou veña. Comunicarse por teléfono. Chamei o médico" -> "Chameino"

AmilGZ 12:11, 25 de setembro de 2011 (UTC)

  • Amil, é ben curioso que digas que o título é Chamábanlle Trindade e logo poñas unha captura onde se le un título distinto, Chamábanlle Trinidade.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Chamábanlle Trindade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 18:03 (UTC)[responder]