Chad Smith
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1961 ![]() Saint Paul, Estados Unidos de América ![]() |
Residencia | Os Ánxeles ![]() |
Educación | Musicians Institute (pt) ![]() Lahser High School (en) ![]() Homewood-Flossmoor High School (en) ![]() Andover High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | batería, músico ![]() |
Período de actividade | 1988 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Hard rock, rock alternativo e Funk ![]() |
Instrumento | Batería ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Chad Smith, nado en Saint Paul, Minnesota o 25 de outubro de 1961, é un músico estadounidense coñecido por ser o batería da banda Red Hot Chili Peppers.
Smith é tamén batería no supergrupo de hard rock Chickenfoot, antiga banda de acompañamento do vocalista de Deep Purple Glenn Hughes, ademais de tocar en Chad Smith's Bombastic Meatbats, o seu propio proxecto paralelo. No ano 2010 Smith editou un disco para nenos, Rhythm Train, que gravou co lendario Dick Van Dyke e con Leslie Bixler. En abril do 2010 a MTV nomeou a Rhythm Train como un dos mellores álbums para nenos de todos os tempos. Ademais das súas propias bandas, Smith tamén gravou con moitos outros músicos como The Dixie Chicks, Kid Rock, George Clinton ou Outernational. Smith foi elixido pola revista Rolling Stone como o 87º mellor batería de todos os tempos.