Saltar ao contido

The Getaway (álbum de Red Hot Chili Peppers)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Getaway
Red Hot Chili Peppers Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Título
The Getaway (en) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
 Lista de cancións
Obras e produtos
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
Organizacións
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
17 de xuño de 2016 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Número de partes13 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Spotify: 43otFXrY0bgaq5fB3GrZj6 Apple Music: 1109250450 Discogs: 1015499 Allmusic: mw0002943908 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Getaway é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock Red Hot Chili Peppers, lanzado por Warner Bros. o 17 de xuño de 2016.[1] É o primeiro álbum de estudio do grupo dende I'm with You en 2011, e foi producido por Danger Mouse, quen substituíu a Rick Rubin logo de 25 anos e seis álbums como produtor da banda. É o segundo é último álbum da banda co guitarrista Josh Klinghoffer, antes do regreso de John Frusciante en 2019.

The Getaway fixo o seu debut como número un en dez países diferentes, acadando o segundo posto nas listas dos Estados Unidos de América, do Reino Unido e do Canadá. O álbum recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

O lanzamento do álbum foi precedido polo seu primeiro sinxelo, "Dark Necessities", o 5 de maio de 2016.[2] "Go Robot" estreouse como segundo sinxelo o 8 de setembro de 2016, acadando o posto 12 na lista Alternative Songs Chart, mentres que "Sick Love" estreouse como terceiro sinxelo o 4 de decembro de 2016; porén, non conseguiu entrar nas listas de éxitos. "Goodbye Angels" estreouse como cuarto e último sinxelo do álbum o 4 de abril de 2017. A canción que dá nome ó álbum emitiuse na radio do Reino Unido malia non ter sido lanzada como sinxelo oficial.

  1. "Red Hot Chili Peppers FanSite | English Red Hot Chili Peppers FanSite". RHCP.us. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 5 de maio de 2016.
  2. "The Getaway – RHCP News". Redhotchilipeppers.com. 28 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 5 de maio de 2016.