Look Around

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
"Look Around"
sinxelo de Red Hot Chili Peppers
do álbum I'm With You
Lanzamento 25 de xaneiro de 2012
Formato {{{formato}}}
Gravada 2010-2011
Xénero musical Funk rock, Rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:28
Discográfica Warner Bros.
Produtor(es) Rick Rubin
Escritor(es) Anthony Kiedis, Flea, Chad Smith, Josh Klinghoffer
Cronoloxía
"Monarchy of Roses" (2011) "Look Around" "Did I Let You Know (2012)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Look Around" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo e funk rock Red Hot Chili Peppers. É o terceiro sinxelo do seu álbum I'm With You, despois de "The Adventures of Rain Dance Maggie" e "Monarchy of Roses".

Vídeo musical[editar | editar a fonte]

O 5 de decembro de 2011, Flea confirmou as novas sobre o vídeo e que o traballo estaba completo. O vídeo amosa a cada membro do grupo en catro cuartos diferentes que reflicten as súas personalidades. Case todos os accesorios do vídeo son da colección persoal de cada membro. No cuarto de Anthony, aparecen a modelo Charlotte Free, o seu can e a súa filla Everly. No cuarto de Flea, aparecen el e a súa actual moza, Sandha Khin, bailando e en roupa interior. O cuarto de Chad é un cuarto de baño, e está sentado nun inodoro. O cuarto de Josh é escuro e baleiro, con tan só unha mesa e unha lámpada.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Look Around" (Album Version) – 3:28
  2. "Look Around" (Radio Edit) – 3:28