Cervexa San Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha botella de cervexa San Miguel.
San Miguel Corporation
Publicidade filipina da década de 1920.
Publicidade filipina da década de 1920.
Botella e lata filipinas de San Miguel Corporation.
Botella e lata filipinas de San Miguel Corporation.

San Miguel é unha compañía cervexeira española fundada en Manila (Filipinas) en 1890 e que actualmente forma parte do Grupo Mahou-San Miguel.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1890, Enrique María Barretto de Ycaza inaugurou nun barrio de Manila (Filipinas) chamado San Miguel (actualmente Cebú) a Fábrica de Cerveza de San Miguel. Esta fábrica absorbeu a produción dos frades dun pequeno convento de agostinos recoletos que comenzaran en 1885 nese barrio.[Cómpre referencia] Pouco a pouco comezou a súa exportación a outras zonas do sueste asiático, onde é a cervexa máis consumida. Actualmente é un gran grupo baixo o nome de San Miguel Corporation.

En febreiro de 1946 constituíuse en Lleida a sociedade La Segarra S.A coa finalidade de fabricar cervexa, mais os trámites burocráticos fixeron que a súa posta en marcha non tivese lugar ata 1953.

En 1957 asinouse o "Acuerdo de Manila" co presidente de San Miguel Corporation, Andrés Soriano, nacendo así a compañía "San Miguel, Fábricas de Cerveza y Malta, S.A.", independente da matriz filipina. Dende aquela as dúas empresas seguiron camiños ben distintos.

En 1966 San Miguel abriu unha segunda fabrica en Málaga coa que conseguiu un aumento importante da súa produción, permitindo o inicio da exportación un ano despois.[Cómpre referencia]

En 1970 mercou a Compañía Hispano-Holandesa de Cervezas (GULDER) e a súa fábrica de Burgos. As tres fábricas tiñan unha capacidade de 1 600 000 hl e lograron unha cota do 7% do mercado español.

Coa progresiva apertura de España e co traballo do Departamento de Exportación da compañía, os anos setenta caracterizáronse polo aumento das exportacións, tanto a Europa Occidental como a Europa Oriental e ao Norte de África, chegando a roldar a cifra anual de 125.000 hl.[Cómpre referencia]

En 1994 Général Agro-Alimentaire de Participations (Danone) mercou un 18% da sociedade. Danone xa dispuña dunha participación da tamén española Mahou. O que produciu un aproveitamento das sinerxias con este grupo, así como a futura venda de San Miguel a Mahou. En 1997 Danone aumentou a súa presenza ao 82% (un 30% cedeullo a Mahou).

No ano 2000, Danone comezou a desfacerse de tódolos intereses relacionados coa cervexa, co que o grupo San Miguel uniuse a Mahou, creando o primeiro grupo cervexeiro de capital español. No 2005 terminou este proceso, quedando Mahou (e polo tanto San Miguel) en mans das familias Herraiz e Gervás.[Cómpre referencia]

Actualmente[cando?] o grupo Mahou-San Miguel ten máis dun 30% do mercado español e as súas marcas son exportadas a máis de 35 países.[Cómpre referencia]

Cervexas[editar | editar a fonte]

  • San Miguel Especial: cervexa de cor amarela ouro brillante, lixeiramente amarga.
  • San Miguel 1516: cervexa fabricada segundo a lei de pureza alemá de 1516 decretada por Guillerme IV de Baviera que establecía que a cervexa só se debía elaborar con auga, cebada e lúpulo. Ten unha cor amarela ouro con reflexos a ouro vello cun lixeiro amargor e un sutil toque a regalicia.
  • San Miguel Selecta XV: cervexa extra, madurada na adega, o que lle dá un aroma e sabor intenso. Está elaborada coa combinación de tres variedades de lúpulos centroeuropeos e tres tipos de malte.
  • San Miguel 0,0%: nacida no 2001, foi a primeira cervexa "sen" española cunha gradación alcohólica de 0,0. Ten un sabor suave e un lixeiro amargor final.
  • San Miguel 0,0% Manzana: cervexa sen alcohol aparecida no 2005 con sabor a mazá verde e fondo de tostados de malte. Ten zume de mazá.
  • San Miguel 0,0% Limón: cervexa sen alcohol aparecida no 2010. Ten un aroma intenso a limón con notas de malte e lúpulo e o seu sabor é intenso, cunha combinación entre cítrico e amargo. Ten zume de limón.
  • San Miguel Eco: cervexa elaborada con maltes e lúpulos provenientes da agricultura ecolóxica. Ten un sabor lixeiramente amargo.

Outras cervexas[editar | editar a fonte]

  • San Miguel Invierno: é unha edición especial de Nadal, so sae algúns anos.
  • San Miguel Nostrum: cervexa Strong Lager, foi substituída por Selecta.
  • San Miguel Ice Beer: xa non existe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]