Saltar ao contido

Mahou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mahou é unha compañía cervexeira española fundada en Madrid en 1890 como Hijos de Casimiro Mahou, fabrica de hielo y cerveza, que trala compra de San Miguel a finais do ano 2000, transformouse no Grupo Mahou-San Miguel, a meirande compañía cervexeira española.

Antiga fábrica Mahou en Madrid, paseo Imperial. Construción 1961, demolición 2011.

A súa primeira fábrica construíuse na rúa Amaniel de Madrid. Porén, o aumento na demanda conduciu á construción dunha nova fábrica no Paseo Imperial de Madrid, cuxa primeira cocción se realizou en 1962. Nesta década, Mahou converteuse na primeira empresa española en introducir barrís de aluminio, substituíndo aos tradicionais de madeira.

En 1969 lanzou a súa cervexa máis emblemática: Mahou Cinco Estrellas. Para o ano 1993, a empresa envasou a primeira cervexa na súa nova fábrica de Alovera, Guadalaxara, que conta cunha superficie de 430.000 m².

No ano 2000, coa unión de Mahou e Cervexa San Miguel, creouse o primeiro grupo cervexeiro de capital español.

Actualmente, as cervexas comercializadas por Mahou son:

  • Mahou Clásica
  • Mahou Cinco Estrellas
  • Mahou Sin (antes Laiker): cervexa sen alcohol.
  • Mahou Negra
  • Mixta Shandy: Clara sabor limón.
  • Mahou Light: cervexa baixa en calorías.

O grupo Mahou fabrica ademais para diversas marcas brancas e marcas propias como por exemplo para a marca Hipercor, distribuída nos hipermercados Hipercor do Grupo El Corte Inglés.

Tradicionalmente a cervexa Mahou distribuíuse en envases de vidro. Actualmente é distribuída tamén en envases metálicos de aluminio (latas). Os dous volumes máis frecuentes son os 20cl das botellas pequenas de vidro, tamén chamados botellíns ou quintos, os 33 cl dos envases medianos de vidro e das latas e a botella de 100cl, é dicir dun litro, coñecida comunmente como litrona.

Os envases de vidro teñen un peche metálico de tipo tapón corona, que exixen un abridor para ser abertas. As latas metálicas teñen todas na actualidade un abridor con argola fixa.

Galería de envases
Nome Capacidade Ano Botellas de vidro Latas
Mahou

Hijos de Casimiro Mahou

33 cl. 1890
Mahou

Madrid, Tipo Pilsen

33 cl. 1940-50
Mahou

Madrid, elaborada en España

20 cl. 1970-80
Mahou

Madrid, elaborada en España

100 cl. "litrona" 1970-80
Mahou

Cinco Estrellas

33 cl. 1989
Mahou, Clásica 20cl. 1994
Mahou Cinco estrellas 20cl. quintos ou botellíns 1996
Mahou, Clásica 20cl. 2002
Mahou, Clásica 20cl. 2005
Mahou, Mixta Clara sabor limón 20cl. Sen determinar
Mahou, Cinco estrellas 33cl. Medianas 2009
Mahou, Laiker Sen alcohol 25cl. 2007
Mahou, Negra 33cl. 2009
Mahou, Light Baixa en calorías 33cl. 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]